O apoio da Consellería de Cultura e Educación permitiu que 79 investigadores obtiveran un contrato indefinido nos últimos tres anos, logo da incorporación doutros tres do programa Starting Grant na Universidade de Santiago de Compostela

O departamento de Xesús Vázquez Abad asinará un acordo co reitor compostelano polo que financiará con preto de 580.000 euros a contratación destes tres investigadores como profesores titulares da USC

A axuda da Consellería de Educación abrangue o salario destes investigadores por un período de cinco anos, cun custe cero para a Universidade

Iniciativas coma esta fomentan a excelencia científica dentro do sistema galego de I+D+i creando oportunidades para que investigadores mozos con ideas innovadoras poidan converterse en líderes de grupos de investigación

Xov, 13/11/2014 - 18:05
O apoio da Consellería de Cultura e Educación permitiu que 79 investigadores obt
O apoio da Consellería de Cultura e Educación permitiu que 79 investigadores obtiveran un contrato indefinido nos últimos tres anos, logo da incorporación doutros tres do programa Starting Grant na Universidade de Santiago de Compostela

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará un total de 578.332 euros ao financiamento do Programa de Estabilización 2014-2018 coa Universidade de Santiago de Compostela para a contratación de tres investigadores do Programa Starting Grant (StG) durante un período de cinco anos. Deste xeito, a axuda do departamento de Educación do Goberno galego cobre a totalidade dos gastos salariais destes investigadores, o que supón un custe cero para a USC.

O Consello da Xunta autorizou hoxe un convenio de colaboración entre o departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad e o reitor da USC, Juan Manuel Viaño, para o fomento de accións que incentiven a permanencia de investigadores de excelencia acreditada por ter participado no Programa Starting Grant (StG). Ao abeiro de dito convenio, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achegará unha axuda para a contratación, durante o período 2014-2018, dos tres investigadores do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que foron beneficiados do Programa StG e que se estabilizaron na categoría de profesor titular na USC.

Coa incorporación destes tres investigadores do Plan de Estabilización deste ano na USC son xa un total de 79 os que, grazas ao apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, se estabilizaron como tales nas universidades do Sistema Universitario Galego (SUG) nos últimos tres anos, e sen que a súa incorporación comportara carga orzamentaria algunha para as propias universidades. Trátase de 63 investigadores dos Plans de Estabilización asinados desde 2011 e outros 16 do Ramón y Cajal.

Cómpre lembrar que o Programa StG está impulsado polo ERC (Consello Europeo de Investigación) e vai destinado á creación de grupos de investigación independentes cun investigador principal (con título de doutor e experiencia de entre 2 e 7 anos) de xeito que é unha oportunidade para que os investigadores mozos con boas ideas poidan converterse en líderes de grupos de investigación.

Por tanto, estes programas están dirixidos a investigadores cun perfil que lles identifique como líderes no seu ámbito de investigación, cun único criterio de avaliación que é a excelencia científica do investigador.

Captación e retención do talento

Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015, que ten como finalidade, entre outras, a captación, formación e retención do talento. O Goberno da Xunta considera que a captación e retención do mellor talento científico e innovador é esencial para fortalecer o Sistema público de investigación galego.

O obxectivo deste Programa e fomentar a incorporación estable de profesores-investigadores con una traxectoria investigadora destacada nas Universidades de Galicia e así propiciar a retención de investigadores de recoñecida experiencia, para su incorporación ao sistema Galego de ciencia.

Mediante esta acción pioneira no Estado, a Xunta aporta a contía para cada un deste postos de traballo durante 5 anos ( 2014-2018) equivalente ás retribucións dun profesor/a titular de Universidade.