A Consellería de Cultura e Educación investirá máis de un millón de euros nas obras de ampliación do CEIP Ramón Otero Pedrayo, na Laracha

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación desta actuación cuxa primeira fase inclúe a construción dun novo edificio

Ven, 07/11/2014 - 17:03
A Consellería de Cultura e Educación investirá máis de un millón de euros nas ob
A Consellería de Cultura e Educación investirá máis de un millón de euros nas obras de ampliación do CEIP Ramón Otero Pedrayo, na Laracha

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá un total de 1.011.105 euros nas obras de ampliación do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha (na provincia da Coruña).

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación desta actuación que inclúe a construción dun novo edificio con 800 metros cadrados de superficie construída. Deste xeito o CEIP vai contar con 6 novas aulas de infantil (de 50 metros cadrados), aseos, unha sala de usos múltiples, dúas aulas de apoio e servizos comúns (para almacén, cuarto de limpeza e instalacións).

Na zona de administración ubicarase a conserxería, a zona de reprografía e os aseos adaptados. Así mesmo, habilitarase un novo espazo exterior de xogos, dotado de pavimento de caucho. O prazo de execución das obras será de oito meses.

Non obstante, en función da evolución da matrícula no centro, está prevista unha segunda fase de ampliación do número de aulas.

Coa licitación dada a coñecer hoxe, o departamento educativo da Xunta de Galicia cumpre co seu compromiso de dotar as infraestruturas axeitadas para garantir un ensino público de calidade.