O conselleiro de Educación comprobou o estado das obras de mellora no CEIP Calvo Sotelo, en O Carballiño, Ourense

A actual Consellería de Educación está a investir máis de 400.000 euros nos traballos de mellora e equipamento, o que supón unha forte apoio a este colexio ourensán
Xov, 26/08/2010 - 14:01
Xesús Vázquez durante a visita ao CEIP
Xesús Vázquez durante a visita ao CEIP

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Calvo Sotelo, no Carballiño, Ourense, onde comprobou o estado das obras de mellora que se están a desenvolver nas instalacións de dito centro de cara ao vindeiro curso. Este acondicionamento das infraestruturas, xunto co novo equipamento, terán un custe de máis de 420.000 euros, o que supón un forte apoio a este colexio.

Durante a súa visita ao CEIP Calvo Sotelo, Xesús Vázquez Abad explicou as obras que a Consellería está a desenvolver teñen como obxectivo a ampliación e reforma das aulas e do comedor. Ademais recordou que se mellorarán os aseos do colexio, fiestras e teitos. Do mesmo modo estanse a desenvolver traballos de pintura e acondicionamento do patio, que inclúen a reparación da cuberta do polideportivo.

Proxecto Abalar

O conselleiro destacou que “con estas melloras a Xunta garantirá o benestar das 585 alumnas e alumnos deste colexio, que abarca o ensino desde 4º de educación infantil ata 6º de primaria”. Vázquez Abad recordou que os estudantes de 5º de primaria deste centro se beneficiarán o curso escolar 2010-2011 do Proxecto ABALAR, polo que ata 100 alumnas e alumnos do centro poderán ter a súa disposición cadanseu un ordenador portátil e encerado dixital na aula.

Na visita ao CEIP Calvo Sotelo o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral da Consellería, Jesús Oitavén Barcala; o delegado da xunta e a xefa territorial de Educación na provincia de Ourense, Rogelio Martínez e Marisol Díaz Mouteira; o alcalde do Carballiño, Carlos Alberto Montes Marqués; e a directora do centro, Áurea González Francisco.

Con esta visita Vázquez Abad continúa co percorrido que está a facer por distintos colexios e institutos de Galicia. Nestes encontros o conselleiro estase a reunir cos equipos directivos dos centros, coas unidades técnicas das xefaturas territoriais de Educación nas catro provincias galegas, e con outros representantes da comunidade escolar, co fin de coñecer as necesidades educativas das distintas áreas de cara ao vindeiro curso académico.

Con actuacións como as realizadas no CEIP Calvo Sotelo o actual goberno galego cumpre co seu compromiso coa comunidade educativa, dotando aos centros de ensinanza das mellores instalacións.

Declaracións do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad

Menús News node R