O repositorio de contidos do espazoAbalar reinicia a súa actividade neste novo curso 2014/2015 con 42 novos recursos

Lun, 29/09/2014 - 20:23

O repositorio do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, nesta ocasión con 42 novos contidos educativos en formato dixital.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.155 recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.

Nesta ocasión os traballos proceden fundamentalmente:

  • Das licenzas de formación durante os cursos 2012/13 ou 2013/14 de: Mª Isabel Álvarez Matas, Juan Ramón Vázquez Pis, Ramón Noche Fraga, Miguel Carricova Armesto, José Manuel Blanco Guimarey, José Antonio Garabatos, Jorge Pedrosa, José Fernández Maneiro, Juan Bautista Ramos Saíñas, Antonio Balboa Salgado, Miguel Ángel Valín Martín, Giada Maria Barcellona, María Cristina González Piñeiro, Raquel López Rodríguez, Silvia Iglesias González, Manuel Rosales Graña, Ana Mª Rial Aparicio.
  • De recursos de docentes que empregaron o procedemento de cesión de dereitos para compartir os seus materiais: Senén Olano Alvarez, José Manuel Míguez Rodríguez e Susana Rútolo Brantuas.
  • Das actividades formativas en centros do: PFPP de Melide, GT Pacalama e CEIP da Ramallosa
  • Máis información