Xesús Vázquez Abad visita a igrexa de Santa María do Vilar (Baños de Molgas) onde Cultura e Educación está a investir preto de 62.000 euros en obras de restauración

A Consellería xa rematou os traballos de reparación da cuberta do presbiterio e da sancristía, e actualmente estanse ultimando os labores de recuperación do retablo maior e do sagrario orixinal do templo

Sáb, 06/09/2014 - 12:30
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou a Igrexa de Santa María do Vilar, en Ponte Ambía

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe a igrexa de Santa María do Vilar, en Ponte Ambía,no concello ourensán de Baños de Molgas, para comprobar o desenvolvemento dos traballos que se están acometendo no templo e que supoñen un investimento total de preto de 62.000 euros. Na visita estivo acompañado da xefa territorial de Ourense, Mercedes Gallego.                                                                                            

Vázquez Abad puxo en valor o importante esforzo económico que no contexto actual significan actuacións coma esta, xunto con outras que se levan a cabo en Ourense e en toda Galicia. Ademais salientou que esta liña de traballo ratifica o compromiso do departamento que dirixe e do Goberno galego coa conservación e o mantemento do noso patrimonio cultural.

Cuberta

A día de hoxe xa están totalmente concluídos os labores de reparación da cuberta do presbiterio e a sancristía, ao que se destinaron 19.500 euros. Para tal fin, procedeuse a demoler a cubrición existente, substituíuse o latado así como os pontóns de madeira de castiñeiro que se atopaban en mal estado por outros iguais, restauráronse o resto das pezas, aplicáronse tratamentos específicos da madeira fronte aos xilófagos, e reforzouse a protección cunha lámina tipo tyvek. Así mesmo colocouse tella cerámica plana e realizouse unha unión a base de láminas de chumbo engatilladas cunha xunta nos muros.

Retablo e sagrario

Por outra parte, os técnicos de Patrimonio están acometendo os traballos de restauración do retablo maior e do sagrario orixinal do templo. Trátase dunha actuación na que a Consellería de Cultura e Educación inviste un total de 42.300 euros. O punto de partida foi a elaboración de mapas de estado de conservación, a realización de controis temporais de temperatura e humidade e a súa limpeza superficial.

Os traballos abranguen actuacións concretas encamiñadas a protexer a policromía e os volumes antes da súa desmontaxe así como a asentar as zonas policromas gravemente alteradas e que presentan perigo de desprendemento. Tamén se procede ao sixilado de pezas, a eliminación de elementos alleos á obra, a aplicación de tratamentos de desinsectación curativa-preventiva, a colocación de barreiras antitermes e a consolidación do soporte. A actuación inclúe así mesmo a recuperación estrutural do retablo, o seu illamento e a revisión dos anclaxes.

No que atinxe ao sagrario, está prevista a recuperación da zona da predela corresponde ao mesmo, e a restauración do sagrario orixinal que estaba desubicado e que inclúe tratamento de elementos metálicos, fixación das capas polícromas, reintegración cromática e vernizado de protección final.

Menús News node R

Tema