Resolución das axudas complementarias no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores no curso 2013/2014

Mér, 30/07/2014 - 09:15

Xúntase a Orde do 16 de xullo de 2014 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 21 de marzo de 2014 de axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2013/14.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron estuda­das pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, podendo as per­soas interesadas formular, durante un prazo de 10 días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez presentada a declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas (anexo II): tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución para mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Tamén deberá enviar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Re­gulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.