Relación definitiva de aspirantes admitidos/as a cursar as ensinanzas superiores de deseño nas escolas de arte e superiores de deseño (EEASSD) da comunidade autónoma de Galicia

Ven, 18/07/2014 - 10:20

Xúntase a Relación definitiva de aspirantes admitidos/as a cursar as ensinanzas superiores de deseño nas escolas de arte e superiores de deseño (EEASSD) da comunidade autónoma de Galicia

Os/as aspirantes en listaxe de espera poderán efectuar a súa matrícula no caso de que se producisen vacantes, unha vez transcorrido o prazo extraordinario de matrícula para que aqueles/las aspirantes con praza asignada poidan presentar o seu título de Bacharel que teñen pendente , establecido pola Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2014-15, (DOG do 6 de maio), - ata o 12 de setembro de 2014.