Relación provisional de admitidos/as a cursar ensinanzas superiores de deseño nas escolas de arte e superiores de Deseño no curso 2014/2015

Ven, 04/07/2014 - 08:55

Xúntase a Relación provisional de admitidos/as a cursar ensinanzas superiores de deseño nas escolas de arte e superiores de Deseño no curso 2014/2015.

Os/as aspirantes que acadan praza deben realizar a súa matrícula na EASD correspondente no prazo do 7 ao 14 de xullo, agás causa suficiente e debidamente xustificada perante o/a Director/a da EASD.

Aos efectos de optimizar as prazas dispoñibles, os/as aspirantes que na súa inscrición non optaron máis que por unha ou dúas EEASSD, e desexen obter algunha das prazas que, unha vez rematado o prazo de matrícula puideran resultar vacantes, deben comunicalo por correo electrónico ao presidente da comisión de acceso, Gonzalo Porral Mato, ao seguinte enderezo: gonzaloporral@edu.xunta.es, ata o luns, día 14 de xullo.

O día 18 de xullo, reunida a comisión de acceso, publicaranse nos taboleiros de anuncios e páxinas web das EEASSD, e no portal educativo, a asignación das prazas que puideran resultar vacantes ata esa data.