Cultura e Educación incorpora ao Plan de Formación nos Centros tres novas liñas de traballo

A Consellería promoverá unha liña de acompañamento curricular centrada na formación en competencias clave, outra arredor das Bibliotecas Escolares e unha última para Programas Europeos

O 52,2% do total das actividades do Plan Anual de Formación do Profesorado do 13/14 enmarcáronse nos Plans de Formación en Centros, unha formación adecuada ás demandas e necesidades de cada realidade educativa

Sáb, 21/06/2014 - 13:14
 Cultura e Educación incorpora ao Plan de Formación nos Centros tres novas liñas
Cultura e Educación incorpora ao Plan de Formación nos Centros tres novas liñas de traballo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou unha nova convocatoria que incorpora tres novas liñas ao Plan de Formación en Centros e que no caso de Primaria fai fincapé nas competencias clave e na autonomía dos centros.

Neste sentido compre lembrar que a Consellería vai centrar este curso o Plan Anual nas actividades que faciliten a implantación dos novos currículos de educación Primaria e de FP Básica da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

Non en balde, cómpre salientar que no curso 2013/2014 realizáronse 1.126 actividades no marco dos Plans de Formación que funcionaron en 197 centros, o que supón que o 52,2% do total de todas as actividades de formación do profesorado realizadas no curso realizáronse no propio centro educativo dando resposta ás súas necesidades particulares, e ás propias demandas do profesorado.

Plans de Formación en Centros

Os Plans de Formación en Centros forman parte do Plan Anual do Profesora, cuxo Plan Base foi presentado a semana pasada. Entre os puntos fundamentais que se reforzarán para facilitar a implantación da LOMCE están as competencias clave e a autonomía dos centros, que se potenciarán a través dos Plans de Formación en Centros, que cada centro deseña en función das súas necesidades.

Nesta nova convocatoria incorporanse 3 novas liñas, ata sumar un total de 9. Así, aos plans ata agora existentes arredor da mellora da convivencia, da atención á diversidade, ou da educación dixital, engadese unha liña de acompañamento curricular centrada na formación en competencias clave, outra arredor das Bibliotecas Escolares e unha última centrada nos Programas Europeos, dando resposta ás demandas dos centros nestes eidos.

Plan base e actividades engadidas

No relativo ao plan base para o 14/15 se incrementan nun 12,3% o número de prazas respecto das do presente curso. Así, a estrutura básica do Plan do curso que vén está conformada por 19.275 prazas, 359 actividades e 11.500 horas de formación.

Esta previsión inicial do Plan incrementarase fundamentalmente a través de 3 modalidades de formación: da convocatoria (xa publicada) de 500 meses de licenzas dirixidas a ata 423 docentes de carreira; dos Plans de Formación en Centros; e de todas as actividades formativas coas que a Consellería acompaña e apoia ao profesorado na implantación dos seus plans estratéxicos, como o Proxecta, o Plan LÍA de Bibliotecas Escolares, ou os Contratos-Programa, entre outros.