O conselleiro de Cultura e Educación visita Down Ourense

Mér, 18/06/2014 - 20:17
O conselleiro de Cultura e Educación visita Down Ourense
O conselleiro de Cultura e Educación visita Down Ourense

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe Down Ourense, onde coñeceu a alumnado de entre 3 e 20 anos escolarizado en centros sostidos con fondos públicos da provincia de Ourense.

Durante o seu percorrido polo centro estivo acompañado polo delegado da Xunta na provincia, Rogelio Martínez; pola presidenta e vicepresidenta da asociación, Mara Prieto Fortes e Milagros Requejo Diéguez, respectivamente, e polo tesoureiro da mesma, Rafael Cabezas Enríquez; así como pola xefa territorial da Consellería na provincia, Mercedes Gallego.