O conselleiro de Cultura e Educación recibe aos alumnos galegos gañadores nas olimpíadas nacionais de Bioloxía e Química
O equipo galego de química alzouse cun total de seis medallas e no de bioloxía clasificáronse dous alumnos para as fases internacionais de Indonesia e México
Mér, 18/06/2014 - 17:10
Xesús Vázquez Abad, recibiu os alumnos galegos que acadaron medalla nas finais d
Xesús Vázquez Abad, recibiu os alumnos galegos que acadaron medalla nas finais das olimpíadas nacionais de Bioloxía e Química

O titular Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, recibiu os alumnos galegos que acadaron medalla nas finais das olimpíadas  nacionais de Bioloxía e Química, no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Na categoría de Bioloxía, Flor Alonso Soret do IES María Soliño de Cangas do Morrazo, foi a primeira clasificada nacional e representará a España na final internacional de Indonesia e Álvaro Ortega González, do Colexio Int Eirís da Coruña, quedou en segundo lugar e representará o noso país na final iberoamericana de México.

Na disciplina de Química, Adrián Grille Guerra, do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago; e o citado Álvaro Ortega González, alzáronse coa medalla de ouro; mentres que Carmen Jorge Díaz, do IES N. Señora dos Ollos Grandes de Lugo; Brais Alberte Uzun Fernández, do Colexio San José de Lugo e Joaquín Carral Ortigueira, do IES Sánchez Cantón de Pontevedra; obtiveron sendas medallas de bronce. A esta lista hai que engadir ao alumno do IES Carlos Casares de Vigo, Raúl Alonso Rodríguez, co galardón de prata, será recibido con posterioridade.

Na súa visita á Cidade da Cultura, os rapaces estiveron acompañados polo decano do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, José Pelayo Míguez e polo delegado da devandita institución, Pablo Fernández Alonso. Os alumnos da especialidade química estiveron arroupados polo decano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Antonio Macho Senra e do organizador da Olimpíada galega de química, Juan Sanmartín.

Xesús Vázquez Abad felicitou aos gañadores, así como aos seus centros e familias polo apoio prestado, e salientou o nivel do alumnado galego nestas competencias.