Xesús Vázquez Abad gabou a LOMCE pola posta en valor das competencias clave e a autonomía dos centros no ensino galego

O conselleiro de Cultura e Educación acudíu á xornada organizada por CECE-Galicia na que se fixo entrega do premio ‘José Manuel Álvarez de liberdade de ensinanzas’ ao presidente da CONCAPA

Sáb, 14/06/2014 - 16:00
O conselleiro de Cultura e Educación acudiu á xornada organizada por CECE-Galici
O conselleiro de Cultura e Educación acudiu á xornada organizada por CECE-Galicia na que se fixo entrega do premio ‘José Manuel Álvarez de liberdade de ensinanzas’ ao presidente da CONCAPA

O titular de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad,  asistiu á XIII Xornada da Federación Autonómica de Centros de Ensino Privado, CECE-Galicia, na que fixo entrega do V galardón ‘José Manuel Álvarez de Liberdade de Ensinanzas’ a Luís Carbonel, presidente da Confederación Católica Nacional de Padres de Familia y padres de Alumnos. O conselleiro salientou a posta en valor das competencias clave e da autonomía dos centros que promove a nova Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, que xa está en vigor na nosa Comunidade.

Vázquez Abad destacou na súa intervención que “o curso que vén presenta novos retos, marcados pola implantación da LOMCE, na que en Galicia xa temos un camiño andado no que se refire á posta en valor das competencia clave e reforzo de autonomía dos centros”. O titular de Cultura e Educación rematou a súa intervención felicitando ao galardoado polos seus longos anos de traballo e polo intenso labor en defensa da liberdade do ensino.

Desenvolvimento da xornada

Na XIII xornada da CEE-Galicia na que participaron arredor de 70 centros, presentouse unha plataforma de xestión educativa para a mellora da organización dos mesmos, en colaboración coa Universidade da Coruña e abordouse en dous relatorios o desenvolvimento da LOMCE tanto a nivel autonómico, cunha ponencia do director do Colexio Fogar de Santa Margarida da Coruña, Alfonso García Sanmartín; como da liberdade do ensino, da que falou o presidente da Concapa, Luís Carbonel. Tralas ponencias o titular de Educación e Cultura, Xesús Vázquez Abad, fixo entrega do premio ‘José Manuel Álvarez de Libertade de Ensino’ a Luís Carbonel Pintanel.

O homenaxeado

CECE Galicia outorga cada ano este garlardón a unha persoa ou institución que teña destacado na súa traxectoria profesional pola defensa e promoción da liberdade de ensinanza, tanto a nivel autonómico, como nacional ou internacional. Con este premio homenaxease ademais ao que fora presidente de CECE Galicia, José Manuel Álvarez, falecido de forma repentina hai 5 anos, e que contribuíu ao longo da súa vida á defensa dos valores recoñecidos por este premio.

Nesta quinta edición a distinción foi para o presidente nacional da CONCAPA, Luís Carbonel, licenciado en dereito, avogado en exercicio, e asesor de diferentes organizacións educativas e de familia e Consejero del Consejo Escolar de Estado, ademais de ponente en diversos congresos, xornadas e encontros nacionais e internacionais de educación e familia.