Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2014/2015

Mér, 04/06/2014 - 08:35

Xúntase a Resolución do 21 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2014/15.

  • A inscrición para o acceso e admisión farase na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño no prazo comprendido desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG ata o día 19 de xuño para os ciclos de grao superior, e ata o 24 de xullo para os ciclos de grao medio