As consellerías de Cultura e Educación, e Traballo e Benestar promoven a I Xornada de Voluntariado de Lectura-A no Centro Residencial Docente da Coruña

O departamento de Xesús Vázquez, seleccionou 4 centros, un de cada provincia, entre os participantes desta primeira edición

O programa desenrolase do luns 26 o venres 29 e participarán arredor de 50 persoas, entre docentes e alumnos

Os profesores e estudantes, compartirán experiencias nesta xuntanza na que se incidirá nos valores e posibilidades do voluntariado social e cultural

Lun, 26/05/2014 - 17:05
As consellerías de Cultura e Educación, e Traballo e Benestar  promoven a I Xorn
As consellerías de Cultura e Educación, e Traballo e Benestar promoven a I Xornada de Voluntariado de Lectura-A no Centro Residencial Docente da Coruña

As consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar Social organizan a I Xornada de Voluntariado de Lectura-A no Centro Residencial Docente da Coruña. O programa no que participarán arredor de 50 persoas entre docentes e alumnos, desenvolveranse até o vindeiro venres e estará centrado nos valores e nas posibilidades do voluntariado social e cultural.

Cultura e Educación vén de seleccionar os 4 mellores proxectos dun total de máis de 40 participantes no Voluntariado de Lectura-A, enmarcado no Plan Lía 2010/2015 de Bibliotecas Escolares para a Lectura, a Información e a Aprendizaxe e que ten como obxectivo estimular o voluntariado cultural en relación coa lectura, a través da participación dos escolares nas diferentes actividades da biblioteca escolar ou mediante actividades de lectura compartida organizadas pola biblioteca, dentro ou fora do centro, nas que tamén poden cooperar outros sectores da comunidade educativa.

Tras avaliar a memoria de actividades desenvolvidas polos colexios participantes, os CEIP José María Lage (Ortigueira), Plurilingüe de Covas (Viveiro), Filomena Dato (Barbadás) e o Manuel Sieiro (Crecente), foron os seleccionados para participar xornada.

A iniciativa intégrase así mesmo como actividade de voluntariado nos programas da Dirección Xeral de Xuventude. Neste sentido, pola súa participación, o alumnado e profesorado implicado recibirá un diploma de teren intervido nesta tarefa, de conformidade co establecido na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción Voluntaria.

Programa

O Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal Rodríguez, foi o encargado de  inaugurar a I Xornada de Voluntariado de Lectura-A.

No marco deste encontro, abordanse aspectos relacionados co cooperativismo, os xogos tradicional, a lectural expresiva, a narración oral, as posibilidades de voluntariado e os traballos solidarios, entre outros. O programa completase con visitas a unha biblioteca e ás instalacións dunha importante ONG.