A Consellería de Cultura e Educación publica as listas provisionais de axudas complementarias para o Programa Erasmus 2013-2014

O departamento educativo da Xunta de Galicia acaba de publicar a relación provisional de solicitudes admitidas, o 94% das presentadas polo alumnado

O prazo de reclamación para os non admitidos estará aberto ata o 20 de maio

Os beneficiarios das axudas recibirán 80 euros ao mes, durante un período de ata 9 meses

Os estudantes con mellores expedientes académicos ademais percibiran unha axuda de 500 euros

Xov, 08/05/2014 - 14:00
A Consellería de Cultura e Educación publica as listas provisionais de axudas co
A Consellería de Cultura e Educación publica as listas provisionais de axudas complementarias para o Programa Erasmus 2013-2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a relación provisional dos solicitantes admitidos e excluídos na convocatoria de axudas de axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, para estudante que participan nesta acción no curso 2013/2014; e na que xa se admiten  1.265 solicitudes, o 94% do total das presentadas (1.347).

O prazo de reclamación e presentación de documentación para as solicitudes non admitidas estará aberto ata o 20 de maio. A relación provisional de admitido e excluído pode consultarse no enlace web /portal/node/12374.

A Consellería de Cultura e Educación destina este ano un total de 1.300.000 euros a esta convocatoria, á que podía presentarse calquera estudante que participe no Programa Erasmus. Así, todos os solicitantes que cumpran o requisito de seren Erasmus poderán recibir un mínimo fixo de 80 euros mensuais durante a súa estadía no estranxeiro, ata un máximo de 9 meses.  Ademais, prima o criterio de excelencia académica para recibir unha axuda fixa adicional, que ascende a un total de 500 euros.

Estas accións son compatibles coas bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade para estudantes universitarios convocadas polo Ministerio de Educación e coas axudas que para este fin destina a Unión Europea, no marco do Programa de aprendizaxe permanente. Como accións complementarias que son, cobren un ámbito de actuación común coas convocatorias de carácter estatal e un ámbito propio que, nalgúns casos e polas súas propias bases, permiten aumentar a cantidade da axuda que recibe o solicitante por parte do Ministerio.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza