A Consellería de Cultura e Educación participa no acto de entrega dos premios do XXV Olimpíada Española de Física

O secretario xeral Universidades, José Alberto Díez de Catro, asegurou no transcurso do acto que as Olimpíadas “son unha parte indiscutible para a mellora do noso sistema educativo, porque buscan de forma continua a excelencia e contribúen a divulgar a Física e o aprendizaxe”

Lun, 07/04/2014 - 16:59
A Consellería de Cultura e Educación participa no acto de entrega dos premios do
A Consellería de Cultura e Educación participa no acto de entrega dos premios do XXV Olimpíada Española de Física

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral Universidades, José Alberto Díez de Catro, participou hoxe no acto de entrega dos premios do XXV Olimpíada Española de Física. O secretario xeral destacou que estas Olimpíadas “son unha parte indiscutible para a mellora do noso sistema educativo, porque buscan de forma continua a excelencia e contribúen a divulgar a Física e o aprendizaxe, ademais de captar talentos incipientes”.

José Alberto Díez de Catro felicitou aos 140 participantes desta fase nacional das Olimpíadas e aos centros dos que proveñen estes alumnos, facendo fincapé na labor dos docentes, “aos que nunca poderemos agradecer suficientemente o esforzo e a dedicación para que todos vostedes estean hoxe aquí”. Os cinco primeiros clasificados destas probas representarán a España na Fase Internacional das Olimpíadas, e os catro seguintes o farán na Olimpíada Iberoamericana.

O secretario xeral de Universidades asegurou que a participación nunha Olimpíada, o dun evento de características semellantes, “mellora a cada participante de forma individual, porque potencia o espírito de equipo, ensina responsabilidade e madurez, obriga a pensar e a buscar solucións diferentes a problemas de sempre”.

No acto de hoxe tamén participaron o reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto Barbeito; o secretario da Real Sociedade Española de Física, José María Pastor Benavides; a directora do Centro Nacional de Investigación e Innovación Educativa, María Rodríguez Moneo; e o director de la Olimpíada Española de Física, José Tornos Gimeno, entre outros.

 

Menús News node R