Xesús Vázquez Abad visita os terreos nos que se situará o novo CEIP de Oleiros que conta cun orzamento de 3,7 millóns de euros

O conselleiro de Cultura e Educación comprobou in situ a evolución das obras, das que xa se están realizando as primeiras actuacións relativas ao asentamento de terras

O centro educativo dará resposta á demanda de prazas do concello coruñés es entrará en funcionamento no curso 2015-2016

Xov, 20/03/2014 - 13:15
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe pola mañá os terreos nos que se situará o novo CEIP de Oleiros

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe pola maña os terreos nos que se situará o novo CEIP de Oleiros, que conta cun orzamento de máis de 3,7 millóns de euros, e nos que xa se están realizando as primeiros actuacións relativas ao asentamento de terras.

Durante a visita o conselleiro comprobou in situ o estado da obra acompañado pola delegada da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo; polo secretario xeral técnico, Jesús Oitavén; e polo equipo técnico da Consellería, así como por responsables da empresa construtora, e recibiu a información do futuro edificio explicado a través duns planos sobre paneis na propia parcela onde se situará o novo CEIP. Compre recordar que o pasado mes de decembro de 2013 a obra foi adxudicada, cun importe de 3.760.387, 64 euros, a Acciona Infraestructuras S.A., e terá un prazo de execución de 15 meses, polo tanto abrirá a súas portas para o curso 2015-2016.

O edificio

A obra do centro consistirá na creación dun novo espazo educativo que contará con instalacións para uso docente e con zonas para a realización de diversas actividades. Así o novo colexio disporá de 6 aulas de educación infantil; 12 aulas de primaria sendo catro para cada un dos ciclos- 1º, 2º e 3º- e dúas delas equipadas como aulas de informática; ademais de outras catro aulas de pequeno grupo, e outra polivalente, así como a biblioteca, ximnasio, vestiarios, aseos, unha sala de profesores, sala de ANPA e o comedor. Asemade contará cunha zona administrativa e servizos comúns. 

Coa realización desta obra, a Consellería de Cultura e Educación volve a dar conta do seu compromiso coas necesidades educativas do alumnado en Galicia creando e adaptando os espazos precisos para dar resposta a estas demandas.