A Consellería de Cultura e Educación continúa a participar no programa Comenius Regio con representantes de Grecia e Polonia

O director xeral de Educación recibiu aos 9 profesores procedentes de ambos países europeos que ao longo desta semana achegáronse ao sistema educativo en Galicia

Xov, 13/03/2014 - 11:17
O director xeral de Educación recibiu aos 9 profesores procedentes de ambos os p
O director xeral de Educación recibiu aos 9 profesores procedentes de ambos os países europeos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa, unha vez máis, no programa Comenius Regio. Nesta ocasión  recibiron a representantes de Polonia, cos que se está a desenvolver “Through Culture to the Common Future” (“A través da Cultura ao Futuro Común”), e con Grecia cos que realizan “Education and the Labour Markert in a European Project Framework” (“Educación e mercado de traballo no marco dun proxecto europeo”):

En total nove representantes dos dous países así como directores e profesores de centros galegos participantes no programa foron recibidos está maña polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira. Os representantes europeos presentaron as súas impresións tras pasar a semana en Galicia, realizando reunións de traballo e encontros, que rematarán hoxe no CIFP Compostela.

Proxecto con Grecia

Cómpre sinalar que “Education and the Labour Maket in a European Project Framework” realizase conxuntamente entre a Consellería e a dirección do ensino secundario de Magnesia, Grecia. Ademais nesta acción tamén están implicados o Parlamento de Galicia, o IES Campo de San Alberto de Noia e o club O treito de Lousame e tamén varias asociacións gregas.

O traballo, que comezou o pasado mes de outubro e rematará en xullo do ano que ven, ten como obxectivo mellorar a empregabilidade do alumnado con risco de exclusión social e abandono escolar. Ao tempo ten como finalidade favorecer a oferta educativa introducindo melloras na formación, a través da oferta de curso vinculados coas competencias de cualificacións profesionais, aprendizaxe cooperativo e potenciando a implicación de todos os membros que compoñen as comunidades educativas.

Comenius Regio Con Polonia

Por outra bando o proxecto “Through Culture to the Common Future” que se está a desenvolver coas autoridades educativas de Bedzin, Polonia, xira en torno a herdanza cultural común con especial fincapé nas ensinanzas das linguas tendo como fío condutor o Camiño de Santiago. Sobre este eixe estanse realizando conferencias temáticas con intercambios de boas prácticas, obradoiros e diversos materiais culturais.

Trátase dun traballo dirixido a unha poboación de 152.000 habitantes da citada rexión polaca e na que participan dous centros da zona e unha asociación así como os centros pontevedreses CEIP Froebel e IES A Xunqueira II e a asociación Don Bosco.

Premio ás visitas de estudos

Encontros como este, impulsados e organizados pola Consellería de Cultura e Educación foron recoñecidos o pasado mes de decembro co galardón que o Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (APEE) lle outorgou pola calidade no Programa de Aprendizaxe Permanente en centros, no relativo ás visitas de estudos.