Política Lingüística impulsa o coñecemento e a difusión do galego a través do espazo das linguas ibéricas do Instituto Cervantes

Anxo Lorenzo reuniuse hoxe en Madrid con representantes do Cervantes, da Generalitat de Catalunya, do Instituto Camões, da Universidade de Alcalá de Henares e do Instituto Vasco Etxepare

Xov, 01/07/2010 - 17:53
Política Lingüística impulsa o coñecemento e a difusión do galego
Anxo Lorenzo reuniuse en Madrid con representantes do Cervantes, da Generalitat de Catalunya, do Instituto Camões, da Universidade de Alcalá de Henares e do Instituto Vasco Etxepare

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, impulsará un completo programa de actividades de formación e difusión da lingua galega a través do Espazo das Linguas Ibéricas do Instituto Cervantes. Farao no próximo curso 2010-2011, a través dun convenio multilateral no que tamén participarán a Generalitat de Catalunya, o Instituto Camões, a Universidade de Alcalá de Henares e mais o Instituto Vasco Etxepare.

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, reuniuse hoxe na sede do Instituto Cervantes en Madrid con representantes de todas as entidades que asinarán o convenio para impulsar o Espazo das Linguas Ibéricas. Trátase dun proxecto multilateral que arrincou no ano 2009 e que se sustenta en dous piares fundamentais. Por unha banda, un programa de actividades culturais conxunto, como ciclos de conferencias, proxeccións audiovisuais, exposicións, etc., e por outra, un plan de formación de cada unha das linguas ibéricas.

Durante o encontro, ademais de tratar as liñas que definirán este marco de cooperación permanente, fíxose balance das actividades académicas do curso 2009-2010, ao tempo que se realizaron propostas para a nova programación académica do curso 2010-2011.

A proxección exterior da lingua galega a través do Instituto Cervantes

Na actualidade, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Instituto Cervantes manteñen un marco de cooperación institucional para a realización de actividades de promoción e difusión da lingua galega que se desenvolven a través da rede de centros do instituto.

Entre estas actividades que se inclúen na programación académica do Cervantes destaca a oferta de cursos de formación de lingua galega preparatorios para a obtención do certificado de lingua galega (Celga), así como a realización das probas Celga

Menús News node R

Departamento