A Consellería de Cultura e Educación celebra que o ministerio confirme por Real Decreto a equivalencia dos títulos de ensinanzas artísticas superiores cos de grao

O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a norma pola que se establece o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior, e no que queda confirmada que os titulados nestas ensinanzas terán o mesmo nivel que os graduados nas universidades

A modificación deste Real Decreto fora unha das propostas realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia ao do Goberno central

Mér, 05/03/2014 - 14:02
 A Consellería de Cultura e Educación celebra que o ministerio confirme por Real
A Consellería de Cultura e Educación celebra que o ministerio confirme por Real Decreto a equivalencia dos títulos de ensinanzas artísticas superiores cos de grao

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra que o Ministerio de Cultura, Educación y Deporte confirme a equivalencia dos títulos de ensinanzas artísticas superiores que, segundo o publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado, terán o nivel de grao. Así o confirma o Real Decreto 96/2014 publicado hoxe no BOE, polo que se modifican os Reais Decretos 1027/2011, polo que se establece o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES), e 1393/2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais. Cómpre sinalar que a modificación deste Real Decreto fora unha das propostas realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia ao do Goberno central.

En concreto, a modificación afecta ao anexo do Real Decreto de 2011, que queda redactado da seguinte forma:

Cómpre lembrar que o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior (MECES) busca, tal e como xa indicaba o Real Decreto de 2011, “informar á sociedade e en particular aos estudantes sobre cal son as esixencias de aprendizaxe de cada nivel, e de outro, subministrar información aos empregadores sobre cal son as correspondentes competencias dos que van ser empregados. Por outro lado, debe poñerse de manifesto a transcendente utilidade que subxace ao MECES como ferramenta que facilitará a mobilidade e o recoñecemento internacional dos títulos e da formación”.