Cultura e Educación lembra que o prazo para solicitar as axudas Eramus para o curso 2013/2014 permanecerá aberto ata o 20 de marzo

Poderán beneficiarse os case 1.500 estudantes que participan neste programa da Unión Europea

As alumnas e alumnos das universidades galegas recibirán 80 euros ao mes, un 15% máis que curso pasado

A Consellería mantén o orzamento do curso pasado, que xa se aumentara nun 30%, na que é na actualidade a mellor convocatoria do Estado

Os estudantes con mellores expedientes académicos ademais percibiran unha axuda de 500 euros

Ven, 28/02/2014 - 11:00
Cultura e Educación lembra que o prazo para solicitar as axudas Eramus para o cu
Cultura e Educación lembra que o prazo para solicitar as axudas Eramus para o curso 2013/2014 permanecerá aberto ata o 20 de marzo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria lembra que ata o vindeiro 20 de marzo, está aberta a convocatoria de axudas Erasmus 2013/2014 que poderá beneficiar a case 1.500 estudantes.

Ditas bolsas están destinadas aos alumnos e alumnas matriculados nas universidades galegas e que estean a estudar fóra de España grazas ao Programa Comunitario de Mobilidade Erasmus. Cómpre apuntar que a consellería destinará para este fin un total de 1.300.000 euros, mantendo así o orzamento do curso pasado que xa se incrementara nun 30% con respecto das anteriores convocatorias.

Os interesados poderán acceder a toda a información que precisen para realizar a súa solicitude ata o 20 de marzo de 2014, /portal/node/11775.

Con esta convocatoria a Consellería volve a dar conta da súa aposta polo apoio económica aos estudantes, co obxecto de favorecer, a súa mobilidade, a competencia, a igualdade de oportunidades e a excelencia no rendemento académico. Deste xeito contribúese á adquirir, actualizar, completar e ampliar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional. Por iso se realiza esta convocatoria de axudas de mobilidade universitaria primando a excelencia no rendemento académico.

A mellor convocatoria do Estado

Galicia conta coa convocatoria máis equilibrada de axudas aos Erasmus de todo o Estado español, en termos cuantitativos e cualitativos, pola súa universalidade e excelencia. Así, pode presentarse a ela calquera estudante que participe no Programa Erasmus, e todos os solicitantes que cumpran este requisito reciben un mínimo fixo de 80 euros mensuais– ata 9 meses- que dure a súa estadía no estranxeiro. Ademais, prima o criterio de excelencia académica para recibir unha axuda fixa adicional, que ascende a un total de 500 euros.

As bolsas

Os case1.500 estudantes que poden acceder este ano a axuda, percibiran 80 euros ao mes, o que supón un incremento de preto do 15% respecto do curso anterior. Así os alumnos e alumnas que estean un trimestre percibiran 240 euros, os que permanezan un semestre 480 euros, e para o curso completo a bolsa será de 720 euros.

Ademais entre aqueles estudantes con mellor expediente académico asignarase unha contía adicional homoxénea de 500 euros.

Os beneficiarios

As bolsas van destinadas aos estudantes das universidade públicas galegas ou dos centros asociados da UNED da comunidade que realizan estudos oficiais conducentes a títulos de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico. Poderán optar aqueles que estean un mínimo de tres meses no país seleccionado, e que non se beneficiaran desta mesma axuda noutra ocasión anterior.

Estas accións son compatibles coas bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade para estudantes universitarios convocadas polo Ministerio de Educación e coas axudas que para este fin destina a Unión Europea, no marco do Programa de aprendizaxe permanente. Como accións complementarias que son, cobren un ámbito de actuación común coas convocatorias de carácter estatal e un ámbito propio que, nalgúns casos e polas súas propias bases, permiten aumentar a cantidade da axuda que recibe o solicitante por parte do Ministerio.