Escolarización

Anuncio do inicio do procedemento de admisión do alumnado para o curso 2014/2015
Mér, 29/01/2014 - 12:00

De acordo coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, que establece o calendario de prazos para a súa tramitación, publícanse os formularios de solicitude de reserva de praza nos centros de adscrición, en galego e castelán.
 

  • O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, deberá presentar no centro de orixe o modelo que se publica entre os días 1 e 15 de febreiro.