A Consellería de Cultura e Educación participa nas xornadas técnicas ‘Bioconstrución, eficiencia enerxética e medioambiente’ no CIFP A Farixa, en Ourense

O director de Centros e Recursos Humanos asegurou que estas xornadas pretenden ser “un paso máis na procura de novas vías para construír, de xeito respectuoso coa vida e co contorno, un modelo sostible que permita xerar un progreso con menos consecuencias para o planeta”

Lun, 27/01/2014 - 18:20
 A Consellería de Cultura e Educación participa nas xornadas técnicas ‘Bioconstr
A Consellería de Cultura e Educación participa nas xornadas técnicas ‘Bioconstrución, eficiencia enerxética e medioambiente’ no CIFP A Farixa, en Ourense

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, participou hoxe na inauguración das ‘Xornadas Técnicas de Bioconstrución, Eficiencia enerxética e medioambiente’ organizadas no CIFP A Farixa. O encontro está destinado a alumnado, docentes e expertos nas familias profesionais de Edificación e Obra Civil e os de Enerxía e Auga.

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, que asistiu en representación do conselleiro de Cultura e Educación, sinalou que estas xornadas pretenden ser “un paso máis na procura de novas vías para construír, de xeito respectuoso coa vida e co contorno, un modelo sostible que permita xerar un progreso con menos consecuencias para o planeta”.

José Manuel Pinal recordou que desde a Consellería de Cultura e Educación “estamos a facer unha forte aposta pola Formación Profesional, cos centros integrados de FP como referencia para ofrecer unha educación orientada á práctica”. E nesta liña, salientou o a papel do CIFP A Farixa, “que traballa para converterse nun centro de referencia na provincia no que se refire a actividades de bioconstrución: construcións de alta eficiencia enerxética con criterios bioclimáticos”. Por último, o director xeral agradeceu á directiva do centro integrado de FP A Farixa de a organización destas xornadas.

Xornadas

Durante a xornada de hoxe os relatorios xiraron entorno bioconstrución con palla embalada, e as posibilidade de futuro, así como o seu impacto na formación profesional. Respecto a este último tema, un dos arquitectos do departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Someso deu a súa visión do traballo que se desenvolve no centro coruñés. Tamén se tratou a posibilidade da auto-construción de dous edificios propios como unha casa e un estudio.

Para a xornada de mañá, impartiranse diferentes charlas sobre o cambio climático e o papel da enerxía, así como a visión da eficiencia enerxética, e a xeotérmica como unha das renovables de alta eficiencia. Ademais falouse sobre as substancias perigosas nos materiais de construción e a importancia da eficiencia e medio ambiente na xestión de infraestruturas e servizos.

Todos os relatorios correron a cargo de arquitectos, técnicos en medio ambiente, así como construtores enxeñeiros e doutores na rama de ciencias relativas ao contido deste encontro.