Apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión católica e evanxélica

Xov, 12/12/2013 - 09:15

Xúntase a Resolución do 28 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades ou substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato e de relixión evanxélica no nivel de infantil e primaria e no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato nos centros docentes públicos que dependen desta consellería.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

  • Para poder consultar os baremos poden acceder desde o servizo que aparece máis abaixo  (https://www.edu.xunta.es/substitutoslistas/ListadoSubstitutosListaAberta.do) e buscar a lista que corresponda, en cada caso, abrindo posteriormente a ligazón que permite consultar o baremo.

    No caso de ter que facer reclamación ao baremo provisional farase dentro do prazo que se indica no correspondente anuncio que se publica no DOG e que tamén aparece publicado na web.

    A reclamación presentarase por escrito en calquera dos rexistros oficiais ou por correo certificado e dirixido á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación (Edificio administrativo San Caetano s/n,15781 Santiago de Compostela) indicando os datos necesarios: NIF, Nome e apelidos, disciplina pola que se presenta, motivo da reclamación, etc.