Cultura e Educación leva programadas xa 100 actividades de promoción do uso do galego con ‘FalaRedes 2013’ noutros tantos concellos da Rede de Dinamización

O programa completará un total de 130 ata finais de ano, por medio de cinco propostas de lecer pensadas para públicos diversos

‘As pombas de Carboeiro’ e ‘Acuario’ chegarán durante esta fin de semana a Viveiro, Foz, A Bola e A Peroxa

‘A nena e o grilo nun barquiño’ volverá en decembro para facer parada noutros cinco concellos máis

Sáb, 16/11/2013 - 10:00
Cultura e Educación leva programadas xa 100 actividades de promoción do uso do g
Cultura e Educación leva programadas xa 100 actividades de promoción do uso do galego con ‘FalaRedes 2013’ noutros tantos concellos da Rede de Dinamización

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xa leva programadas un cento de actividades noutros tantos concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia (RDL) no marco do programa “FalaRedes 2013”, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, desde a súa posta en marcha o pasado mes de abril. Chegará a 30 concellos máis de aquí a final de ano, completando unha programación anual de 130 propostas de lecer dirixidas a todos os públicos por medio das actividades “A nena e o grilo nun barquiño”, “As pombas de Carboeiro”, “Augalingua”, “Rosalía Pequeniña” e “Acuario”.

Entre hoxe e mañá, os concellos ourensáns da Bola e da Peroxa e os lucenses de Viveiro e de Foz, acollerán os espectáculos teatrais “Acuario” e “As pombas de Carboeiro”.

Palabras mariñas

A actividade poético-teatral “Acuario”, dirixida a nenos e nenas de 5 a 8 anos, está baseada no poemario homónimo da coñecida escritora e comunicadora María Canosa que, canda o elenco artístico do Teatro dos Ghazafellos e coa xestión de Edicións Embora, convidará aos participantes na actividade a coñecer o seu inmenso “Acuario”. O obxectivo da actividade é achegarlle á xente miúda a poesía en lingua galega e a riqueza lingüística, biolóxica e gastronómica do noso litoral, dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva. Esta proposta que a Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza para a RDL tamén conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais e co da Deputación da Coruña nesta provincia.

Mañá, domingo, “Acuario” levará versos e teatro en galego a dous municipios ourensáns. Pola mañá, poderase gozar na Bola, cun pase no Salón Social do Concello ás 12:30 horas e, á tarde, na Peroxa, que acollerá outro pase no Grupo Escolar ás 16:30 horas. Como todas as iniciativas do programa ‘FalaRedes 2013’, a entrada é de balde ata esgotar a capacidade das salas.

Estas dúas funcións intégranse nun intenso itinerario que está a levar a actividade a 30 concellos da RDL durante o derradeiro trimestre do ano. Logo da súa estrea en Neda, “Acuario” púidose ver en 9 localidades máis, ás que chegou en colaboración cos Concellos de Lobios, A Laracha, A Coruña, Celanova, Castrelo de Miño, Ourense, Ponteceso, Cerceda e Ordes. Logo do seu pase pola Bola e pola Peroxa, a actividade completará a súa xira con pases en Pontedeume, Castro de Rei, Cospeito, Santiago de Compostela, Cotobade, Cee, Negreira, Muxía, Muros, Cabana de Bergantiños, Aranga, Dodro, Boqueixón, Melide, A Cañiza, A Baña, Corcubión e Curtis.

Dinamizando a lingua coas bandas de música municipais

En colaboración coa compañía galega Fantoches Baj están a chegar “As pombas de Carboeiro” a concellos da RDL no marco de “FalaRedes 2013”. Entre hoxe e mañá, poderanse ver nas localidades lucenses de Viveiro e Foz, con pases no Teatro Pastor Díaz (hoxe) e na Casa da Cultura (mañá), respectivamente, ás 20:30 horas.

Con estas dúas sesións, a proposta de dinamización lingüística que “FalaRedes 2013” lle destina á promoción do galego na mocidade, botando man das bandas municipais de música, chega á recta final do itinerario que comezou no mes de abril en Vedra, no marco do que xa levou a actividade a Cambados, O Carballiño, O Rosal, Negreira, Melide, Padrón, Ortigueira, Fisterra, Tui, Valga, Ribadavia, Brión e Boiro, localidades ás que se sumarán, despois de Viveiro e Foz, Sober, Lalín e Oleiros.

130 actividades ata final de ano

As cinco propostas que integraron a presente edición do programa de dinamización lingüística “FalaRedes” (“A nena e o grilo nun barquiño”, “Augalingua”, “Rosalía Pequeniña”, “As pombas de Carboeiro” e “Acuario”) completarán ata final de ano un total de 130 sesións no marco da RDL. Ata entón, “Acuario” e “A nena e o grilo nun barquiño” poderanse ver en Pontedeume, Castro de Rei, Cospeito, Santiago de Compostela, Cotobade, Cee, Negreira, Muxía, Muros, Cabana de Bergantiños, Aranga, Dodro, Boqueixón, Melide, A Cañiza, A Baña, Corcubión, Curtis, Redondela, Caldas de Reis, O Carballiño, Malpica de Bergantiños e Cerceda.

“A nena e o grilo nun barquiño” chegou, na primeira etapa do seu periplo pola RDL que iniciou en abril, ás localidades de Carral, Ponte Caldelas, Outeiro de Rei, Cee, Ribadumia, Outes, Rois, Zas, Oroso, O Barco de Valdeorras, Vilaboa, Bueu, A Porqueira, Santiago de Compostela, Vila de Cruces, Piñor, Abegondo e Avión. No mes de decembro, incorporaranse os de Redondela, Caldas de Reis, O Carballiño, Malpica de Bergantiños e Cerceda.

“Rosalía Pequeniña”, a iniciativa musical que chegou aos concellos da RDL para facer partícipe á xente miúda da casa da conmemoración do 150.º aniversario da publicación de “Cantares gallegos”, da man de Uxía e dos músicos Sérgio Tannus e Santi Cribeiro, completou a semana pasada a súa xira polas localidades de Pontecesures, Ferrol, Dodro, Mos, Ponteceso, Xunqueira de Espadanedo, Melón, Sobrado, Teo, Val do Dubra, Miño, A Pontenova, Palas de Rei, Betanzos, Xove, Dumbría, Forcarei, A Lama, Marín, Culleredo, Tui, Cuntis, Brión, Fene, A Baña, O Vicedo, Neda, Ponteareas, Toques, Cariño, Mondariz-Balneario, Carballedo, Cangas, Lousame, Baiona, Campo Lameiro, A Pobra do Brollón, Laxe, Carnota e Pontedeva.

As xincanas lingüísticas de “Augalingua” dinamizaron o idioma propio de Galicia na época estival cunha ampla participación da rapazada dos concellos deSan Cristovo de Cea, Maside, Toén, Vilamarín, Taboada, Monterroso, Guntín, Ribas de Sil, Parada de Sil, O Barco de Valdeorras, A Veiga, Sarreaus, A Bola, Muíños, Castrelo de Miño, Ordes, Cerceda e Lalín.

Máis información sobre “FalaRedes 2013” en www.xunta.es/linguagalega/falaredes_2013 e nas redes sociais.

Menús News node R