A Consellería de Cultura e Educación presenta na Cidade da Cultura a xornada “O presente eterno” na que analiza os múltiples significados das obras de arte

Xov, 31/10/2013 - 11:17
A directora xeral de Patrimonio, María Carmen Martínez Ínsua, presentou hoxe a x
A directora xeral de Patrimonio, María Carmen Martínez Ínsua, presentou hoxe a xornada “O presente eterno: Investigacións históricas sobre a poética da obra de arte desde a Antigüidade ata a Modernidade”, que se desenvolve no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da súa directora xeral de Patrimonio, María Carmen Martínez Insúa, presentou hoxe a xornada “O presente eterno: Investigacións históricas sobre a poética da obra de arte desde a Antigüidade ata a Modernidade”, que se desenvolve no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura.

Trátase dun encontro de historiadores da arte de universidades como Oxford, Princenton, a Universidade Complutense de Madrid ou a Universidade de Santiago, cuxo traballo destaca pola orientación interdisciplinar, innovación metodolóxica e pola súa relevancia a nivel internacional co fin de ofrecer novas perspectivas sobre unha constelación de obras que abarca desde os santuarios da Antigüidade clásica ata o Pórtico da Gloria, desde a pintura renacentista á fotografía documental e o cine de ciencia ficción.

A súa presenza en Galicia enmárcase dentro da súa participación no proxecto de i+D+i HAR2010-20357: Arte medieval español e cultura europea: Trasfondo clásico e impacto nos discursos da modernidade, dirixido por Francisco Prado-Vilar. 

Ao longo desta xornada analizaranse as producións de creadores como o Mestre Mateo, Cimabue, Caravaggio, E. H. Lowber ou George Méliès e como se entrelazan en torno ao pensamento de críticos das artes visuais como Rainer Maria Rilke, Giorgiana Goddard King ou André Bretón coa fin de explorar un amplo espectro de cuestións esenciais para o entendemento das funcións da representación a través de diversos períodos.