A Consellería de Educación asinará a desafectación do centro de preescolar Virxe do Rocío en favor do Concello de Vigo

O recinto pasará ao Concello de Vigo que quere darlle uso como Escola Infantil Municipal

Mar, 15/06/2010 - 14:01

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, asinará a desafectación do Centro de Preescolar Virxe do Rocio, en favor do Concello de Vigo que quere darlle un novo uso como Escola Infantil Municipal, para nenas e nenos de cero a tres anos.

As instalacións do CEIP Virxe do Rocío, situadas na rúa Casiano Martínez, en Bouzas, pertence a un dos tres edificios cedidos en 1908 por Don Damián, Don Ciriaco, Don Leopoldo e Don Lorenzo Alonso y Jaime para que neles se desenvolveran actividades educativas.

Con esta iniciativa, pola que se aproveitarán as instalacións, a Consellería de Educación demostra o seu firme e decidido apoio ás políticas sociais e para o benestar da cidadanía, ben sexa no eido educativo, coma no resto dos ámbitos da sociedade.