Listaxe provisional de solicitantes admitidos e excluídos por documentación das bolsas para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración

Lun, 14/06/2010 - 08:48

Xúntanse as listaxes de admitidos e excluídos por documentación correspondente á convocatoria da "Orde do 22 de abril de 2010 pola que se aproban as bases para a concesión de bolsas,  en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, desenvolvidas fóra da comunidade autónoma, destinadas a grupos de alumnos universitarios que cursen os seus estudos oficiais nas universidades do Sistema Universitario de Galicia

O prazo para formular reclamacións ou emendar erros e falta de documentación será desde o día 15 ao día 25 de xuño, ambos os dous incluídos