O mércores 11 de setembro comezará o curso escolar 2013/2014 para educación infantil e primaria, mantendo un número de estudantes similar ao do ano pasado

O centros galegos de infantil contarán con 67.591 alumnos o que amosará a liña descendente nas matriculacións nesta etapa educativa

Pola súa banda o número de alumnado en primaria mantense similar ao curso pasado con 133.199 escolares

A provincia de Pontevedra mostra o maior descenso de matrícula, cun 1,16% menos de alumnas e alumnos en infantil e un lixeiro descenso en primaria

Dom, 08/09/2013 - 10:16

Máis de 200.000 estudantes comezarán este mércores, 11 de setembro as clases nos ciclos de educación infantil e primaria, sendo 67.591 alumnos e alumnas e 133.199 respectivamente, o que reflicte un descenso na primeira etapa e un mantemento das matrículas na segunda. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 67.591 alumnos e alumnas comezarán o mércores as aulas de educación infantil. Deles 28.853 están matriculados na provincia da Coruña; mentres que 25.699 son de Pontevedra; 6.678 de Lugo e 6.361 de Ourense, fronte aos 28.601; 26.003; 6.738 e 6.376 respectivamente do curso pasado.

Por tipo de centros e por provincias queda, respecto do curso pasado do seguinte xeito:

Así dáse conta dun descenso nas matriculacións nesta etapa educativa do 0,2% respecto do curso pasado.

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu lixeiramente respecto do curso anterior.

Educación Primaria

Por outra banda as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 133.199 alumnos e alumnas tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 55.426 están matriculados na Coruña; 13.314 en Lugo; 12.757 en Ourense e 51.622 en Pontevedra. Fronte aos 55.147; 13.201; 12.680; 51.710 respectivamente do curso pasado.

No conxunto dos centros a comparativa co pasado ano escolar queda do seguinte xeito:

No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso descende en máis de trescentos estudantes

Centros escolares e persoal docente

Os centros que desde o 11 de setembro impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria, quedan distribuídos do seguinte xeito:

Atención a todas las necesidades

Neste punto cómpre destaca que a Consellería volve a garantir a axeitada atención docente a todo o alumnado galego, prestando especial atención e apoio aos estudantes con necesidades específicas de atención educativa – pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe, entre outros-, así como o mantemento da calidade do ensino.

Así, e grazas a diversas medidas tomadas a cabo pola Administración, cunha xestión eficiente dos recursos docentes, o que da resposta á demanda da cidadanía galega, e a aplicación do Decreto de Atención a diversidade garántese a atención ás alumnas e alumnos que máis o necesitan, mantendo a calidade do noso ensino.

Servizos complementarios

O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería. Ámbolos dous foron adaptados, un ano máis, as necesidade existentes para o presente curso nos centros educativos, dando así resposta ás alumnas e alumnos.

A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e a pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos. Cómpre sinalar que este será o segundo ano no que as achegas económicas poderán destinarse a sufragar os gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.