Educación dotará a máis de 130 aulas de Vigo e a súa área de influencia de 2.858 ultraportátiles para desenvolver o Proxecto ABALAR a partir do próximo curso

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, presentou aos directores dos 57 centros a estratexia de implantación das TIC no sistema educativo

Ven, 28/05/2010 - 16:16

Un total de 2.858  alumnas e alumnos de 57 centros de Vigo e da área do sur da provincia de Pontevedra terán en setembro cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR nos centros educativos desa zona, que vai desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A iniciativa supón un investimento de 2.250.000 euros en equipamento informático, servizo de soporte técnico e didáctico aos centros educativos, así como infraestruturas e formación do profesorado, o que demostra a forte aposta que a administración galega está a facer pola calidade do ensino.

Así o manifestou hoxe o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema, que presentou o Plan ABALAR aos 57 directores e directoras  dos centros seleccionados en Vigo e a súa área de influencia para desenvolver este proxecto a partir do curso 2010-2011. Así, nesta zona quedarán resultan beneficiados nesta primeira fase 35 centros públicos, o que se traduce en 86 aulas e 1.756 estudantes.

Todos eles forman parte da primeira fase que entrará no proxecto para a implantación das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), que beneficiarán no vindeiro ano académico a 132 aulas de colexios e institutos con alumnos e alumnas de 5º de Primaria e 1º da ESO nesta zona. Ademais, o proxecto dotará ás aulas de encerado dixital e ordenador para o profesorado.

 

CÓDIGO     
 NOME                                     
LOCALIDADE
36003996 CPR San José  A Guarda (Santa María) 
36019244 IES A Sangriña  A Guarda (Santa María) 
36000831 CPR Sagrada Familia  Aldán (San Cibrán) 
36000247 CPI de Cova Terreña  Baiona (Santa María De Fóra) 
36010095 CPR Martín Códax  Bembrive (Santiago) 
36007631 CEIP de Porto Cabeiro  Cabeiro (San Xoán) 
36010083 CEIP Carballal-Cabral  Cabral (Santa Mariña) 
36000910 CPR Casa de la Virgen  Cangas (Santiago E San Salvador) 
36000922 IES María Soliño  Cangas (Santiago E San Salvador) 
36019475 IES de Rodeira  Cangas (Santiago E San Salvador) 
36018033 CPR Vigo  Cedeira (Santo André) 
36014817 CEIP da Igrexa-Chapela  Chapela (San Fausto) 
36000934 CEIP do Castrillón-Coiro  Coiro (San Salvador) 
36010216 CPR Divino Salvador  Coruxo (San Salvador) 
36018501 IES Monte Carrasco  Darbo (Santa María) 
36019220 IES Auga da Laxe  Gondomar (San Bieito) 
36020261 IES Terra de Turonio  Gondomar (San Bieito) 
36004745 IES A Paralaia  Moaña (San Martiño) 
36018999 IES As Barxas  Moaña (San Martiño) 
36004927 CPI de Mondariz  Mondariz (Santa Baia) 
36014428 IES Val Miñor  Nigrán (San Fiz) 
36015184 IES Escolas Proval  Nigrán (San Fiz) 
36007011 IES Pino Manso  O Porriño (Santa María) 
36005865 CPI de Panxón  Panxón (San Xoán) 
36007515 CPR Santiago Apóstol  Ponteareas (San Miguel) 
36014520 IES Pedra da Auga  Ponteareas (San Miguel) 
36024781 IES de Ponteareas  Ponteareas (San Miguel) 
36015020 CEIP de Randufe  Randufe (Santa María Da Guía) 
36018471 CEIP de Rebordáns  Rebordáns (San Bartolomeu) 
36007710 CEP Santa Mariña  Redondela (Santiago) 
36016656 IES Pedro Floriani  Redondela (Santiago) 
36009524 CEP Pedro Caselles Beltrán  Tomiño (Santa María) 
36019751 IES de Tomiño  Tomiño (Santa María) 
36017685 CPI da Ribeira  Torneiros (San Salvador) 
36019402 IES Pazo da Mercé  Tortoreos (Santiago) 
36009846 CEIP Nº 1  Tui (O Sagrario) 
36019876 CPR Santa María  Tui (O Sagrario) 
36010939 CPR Barreiro  Valadares (Santo André) 
36010711 CEP Dr. Fleming  Vigo 
36010903 CPR Apostol Santiago  Vigo 
36010976 CPR Compañía de María  Vigo 
36011166 CPR María Inmaculada  Vigo 
36011178 CPR Miralba  Vigo 
36011191 CPR Montecastelo  Vigo 
36011211 CPR San Miguel 2  Vigo 
36011257 CPR El Pilar  Vigo 
36011270 CPR Rosalía de Castro  Vigo 
36011351 CPR San José de Cluny  Vigo 
36011531 CPR Alba  Vigo 
36011634 IES Politécnico de Vigo  Vigo 
36011750 CPR Don Bosco  Vigo 
36015251 CEIP Frián-Teis  Vigo 
36016061 CEIP A Doblada  Vigo 
36016097 CPR Montesol  Vigo 
36018173 IES de Teis  Vigo 
36020374 IES Valadares  Vigo 
36024057 CPR Bouza Brey  Vigo