O secretario xeral de Universidades recibiu á UXT na Consellería de Educación

Mér, 09/06/2010 - 17:36
O secretario xeral de Universidades recibiu á UXT na Consellería de Educación
De esquerda a dereita: os representantes de UXT Benjamín Rey, Emilio Ruzo e o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a subdirectora deste departamento, Beatriz Soutelo.

Na mañá de hoxe o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, recibiu a representantes de UXT que expuxeron as súas propostas sobre puntos a incluír no futuro plano de financiamento do Sistema Universitario Galego para o 2011-2015.