Presentación
Logo Lugo

O CFR de Lugo (Centro de Formación e Recursos de Lugo) é unha institución dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria encargadas da formación permanente do profesorado nos niveis non universitarios.

O Centro de Formación e Recursos de Lugo (CFR Lugo), ten como principais funcións:

  1. Detectar e recoller as necesidades e demandas de formación nos centros educativos do seu ámbito de actuación e propoñer iniciativas e accións for­mativas que as satisfagan.
  2. Deseñar e desenvolver o plan de formación do profesorado do seu ámbito.
  3. Promover accións de formación do profesorado nos centros, encamiñadas a impulsar a investigación educativa, fomentando e apoiando a participación do profesorado en seminarios permanentes, grupos de traballo, proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.
  4. Promover a innovación e as actividades de inter­cambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.
  5. Promover a elaboración de materiais didácticos e de apoio á acción educativa.
  6. Participar en actividades de dinamización social e cultural en colaboración cos centros educativos do seu ámbito de actuación.
  7. Proporcionar ao profesorado do seu ámbito terri­torial un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico, así como o acceso ao uso dos recursos pedagóxicos e dos fondos das súas bibliotecas e mediatecas.
  8. Promover accións de formación orientadas á normalización lingüística.
  9. Colaborar con outras institucións en accións relativas á formación permanente e á innovación educativa.
  10. Calquera outra que a Administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro. 
  11. Participar nos estudos e nas accións de ava­liación relativos á formación permanente do pro­fesorado.

 

MISIÓN

Promover o desenvolvemento profesional do profesorado para a mellora da práctica educativa, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e á obriga de todo o profesorado á súa actualización científica, didáctica e relacional.

 

VISIÓN

Ser un lugar de referencia para o fomento e intercambio de coñecemento, para a innovación pedagóxica, para os recursos dispoñibles no desenvolvemento das accións formativas, buscando a calidade nos servizos prestados, a implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen, na procura da mellora das competencias profesionais docentes.

 

VALORES

Estimular o carácter dinámico e innovador co obxectivo de estar á vangarda das últimas tendencias metodolóxicas e tecnolóxicas.

Compromiso coa calidade formativa a través da implantación e desenvolvemento de sistemas de xestión dirixidos á mellora continua, acordes a modelos internacionalmente aceptados.