ESERO

Do espazo á aula
Data: 
sábado, 20 de outubro de 2018
Lugar: 
Santiago de Compostela

ESERO é un proxecto de educación da Axencia Espacial Europea (ESA). O sábado 20 de outubro celebrarase no Edificio Cinc da Cidade da Cultura uns Encontros nos que haberá ocasión de coñecer, da man dos seus responsables en España, unha ampla variedade de recursos e materiais didácticos dirixidos ao ámbito STEM.

Os contidos que se tratarán son os seguintes:

1. Recursos ESERO nos distintos niveis educativos.

2. Utilización de recursos ESERO na aula e innovación.

3. Recursos multilingües ESERO

A inscrición realizarase a través de fprofe (código G1803005) ata o 8 de outubro.

Palabras clave: