Intervención comunitaria con adolescentes y familias en riesgo

Título: Intervención comunitaria con adolescentes y familias en riesgo

Autores: Rosa Santibáñez Gruber - Ana Martínez-Pampliega (Coords.)

Editorial: Graó

Ano de edición: 2013

Páxinas: 164

Contido:

Este libro quere axudar a identificar e a analizar boas prácticas de intervención dirixidas a favorecer o benestar e a inclusión social do colectivo de adolescentes, con base no protagonismo do neno, da nena ou do mozo. E faino na necesidade dunha intervención inclusiva, que garanta un contorno "amigable e seguro" comezando pola familia, como contexto natural para o seu desenvolvemento, e polos servizos universais, a escola, os servizos sociais de base, a comunidade...


Destaca a importancia dunha intervención global e integral que necesariamente pasa pola implicación de diferentes profesionais, procedentes de distintos contornos, traballando xuntos máis que coordinadamente, seguindo metodoloxías de traballo cooperativas ou colaborativas, fundamentados na reflexión e non só na acción.


E, por último, salienta a avaliación dos resultados, a investigación sobre o impacto dos programas e as posibilidades de transferibilidade que nos posicionan nun itinerario real de mellora e innovación na intervención neste ámbito.
Realza, así mesmo, o modelo de indicadores de boas prácticas de inclusión social e as recomendacións para prácticas de inclusión coa infancia e adolescencia en risco, instrumentos moi útiles tanto para deseñar políticas públicas como para guiar os propios procesos de intervención socioeducativa.
 

Sección: