A aprendizaxe cooperativa na actividade física a través do conto motor

A aprendizaxe cooperativa é a metodoloxía activa que, xuntoao conto motor,fomentan a interacción social do alumnado a través de dinámicas cooperativas e promoven o traballo en equipo comoun medio para conseguir as competencias básicas relativas á práctica motriz. Inclúe unha experiencia na aula e recursos que impulsen os docentes para utilizar estas metodoloxías.

Elena Izquierdo Martínez, mestra de educación infantil e primaria
CEIP La Olivarera de Hellín (Albacete)
helenizquierdo@gmail.com

 

 

Aprendizaxe cooperativa e conto motor

A aprendizaxe cooperativa é o emprego didáctico de grupos reducidos, normalmente heteroxéneos, no que o alumnado traballa xunto para alcanzar metas comúns, maximizando a súa propia aprendizaxe e a dos demais. (Johnson, Johnson e Holubec, 1999)

A finalidade que persegue esta metodoloxía é aproximar os nenos aos xogos cooperativos e que a través deles se traballe a cohesión grupal e a cooperación fronte á competitividade. Actúan como un equipo onde se comparten responsabilidades, tarefas, obrigas e necesidades.

É unha maneira positiva de traballar onde se transmiten importantes valores como o respecto, a tolerancia, a igualdade.

Os beneficios que lle achega a aprendizaxe cooperativa ao alumnado son:

- Contribúe ao desenvolvemento das competencias e mellora o rendemento do alumnado.

- Favorece o traballo en equipo, as relacións interpersoais e a aceptación das diferenzas.

- Contribúe a verificar a visión da perspectiva social.

- Fomenta o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación e valores importantes como a empatía, a solidariedade, a comunicación e a axuda mutua.

- Incrementa os niveis de autoestima e mellora a convivencia, a inclusión e a atención á diversidade.

- Presenta un entendemento favorable da interdependencia, axudándose uns a outros.

Algunhas características desta metodoloxía son:

- Grupos mixtos e heteroxéneos. Mestúranse nenos e nenas de diferentes niveis.

- Cada membro do grupo achega os seus coñecementos e empregan as súas capacidades para traballar en equipo, axudándose uns aos outros. O obxectivo conseguirao todo o equipo ao mesmo tempo.

 

 

O conto motor contribúe ao desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos. Esta é a razón pola que se considera un recurso didáctico motivador. Ademais, fomenta a cooperación e a empatía e axuda a explorar e coñecer o mundo físico que nos rodea.

O uso dun conto motor, de forma colaborativa, é a ferramenta esencial para que o alumnado poida conseguir as competencias básicas de forma satisfactoria.

A aprendizaxe cooperativa utilizarase no desenvolvemento do conto motor, unindo ambas as metodoloxías activas e innovadoras, favorecendo a relación interpersoal do grupo-aula.

Defínese o conto motor como un conto xogado, un conto vivenciado, unha narrativa experimentada e protagonizada corporal e motrizmente polo alumno; o alumno vai participando como personaxe da historia, tomando un rol activo e participativo na narrativa. (Conde, 2011)

Os obxectivos que se perseguen nos contos motores segundo este autor son:

- Facer o alumno protagonista, desenvolvendo a súa conduta cognitiva, afectiva, social e motora.

- Desenvolver os elementos motrices básicos (esquema corporal, lateralidade, estruturación espacial e temporal e ritmo), as capacidades coordinativas (coordinación e equilibrio), as capacidades físicas (forza, resistencia, velocidade, flexibilidade) e as habilidades motrices (desprazamentos, saltos, lanzamentos, recepcións e xiros).

- Desenvolver a capacidade creativa do alumno, facéndoo interpretar corporalmente o que se lle está verbalizando, potenciando o desenvolvemento da súa imaxinación e construíndo as súas capacidades cognitivas.

- Globalizar o ensino das áreas musical, plástica e dramatización e lingua, entre outras, partindo do centro de interese: o conto infantil.

- Descubrir o propio corpo como vehículo de comunicación.

 

Clases de contos motores

- Conto motor sen materiais: favorece o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación, da acción, do social e das emocións. Non hai materiais, utilizan o que o medio lles ofrece. O mestre é o guía.

- Conto motor con materiais: desenvolve habilidades e destrezas básicas. Fomenta a participación, a cooperación, o respecto aos iguais e o coidado do material. É o máis usual.

- Conto motor con materiais musicais: ten as mesmas características do anterior e está adaptado para utilizar instrumentos musicais.

- Conto motor con materiais alternativos ou de reciclaxe: é o máis complexo, consta de varias partes: unha primeira de escoita do conto, unha segunda de exposición de materiais, unha terceira de construción de materiais e, por último, o desenvolvemento do conto motor.

 

Os beneficios do conto motor no neno son:

- O neno é o protagonista das representacións mentais que imaxina cando escoita un conto.

- O neno expresa as súas emocións e sentimentos e expande a súa imaxinación.

- É o mellor nexo de unión entre o neno e o docente. O neno escoita e realiza os movementos e o docente fai que o neno desenvolva as súas destrezas e habilidades.

Características do conto motor

- Realízase cun grupo de nenos reducido.

- O docente debe preparar o conto con anterioridade á sesión. Igualmente ocorre co material.

- O docente participa no conto motor, fomentando a integración do grupo ou clase.

- O espazo debe ser o apropiado, amplo, sen obstáculos e dotado de materiais. Preferiblemente sería o ximnasio, o patio de recreo ou a aula.

- A duración sería de dez minutos a quince nos nenos máis pequenos e de vinte a corenta minutos en nenos máis grandes.

- O docente observará o grupo en todo momento e modificará o conto se o grupo se sente canso. Centrarase na parte do conto falado máis que na parte motora ou física.

- O conto ten unha estrutura: quentamento, desenvolvemento e volta á calma. Cada parte presenta distintos niveis de actividade.

- Ao terminar o conto, realízase unha asemblea. A través do diálogo, compróbanse os contidos que se desenvolveron e os obxectivos que conseguiron os alumnos.

 

 

Experiencia na aula

Presento unha proposta didáctica de psicomotricidade que leva por título Los caza-monstruitos. A súa finalidade é traballar accións de cooperación motriz co alumnado de 4 anos a través dun conto motor. Narra a historia duns valentes nenos, que tratarán de resolver unha serie de retos cooperativos que se presentan a través dun conto que a titora vai contando. Nel deberán de enfrontarse a uns monstros que invadiron o colexio e capturaron a súa mestra.

A continuación, expoño unha das sesións desta unidade didáctica.

Sesión 1. Los caza-monstruitos (cooperación motriz e ioga)

Xustificación: con esta sesión preténdese que o alumnado asuma retos cooperativos mediante o xogo motor e, ademais, que se inicie na práctica do ioga. Tamén, que estableza lazos de confianza cos seus iguais. Van ser capaces de coñecer o seu propio corpo e o dos demais. Tamén van poder relaxar a mente e encher o corpo de enerxía.

Obxectivos

- Fomentar a confianza cara aos seus iguais.

- Promover o movemento corporal.

- Asumir retos cooperativos.

- Desenvolver habilidades para realizar os xogos cooperativos motores.

- Propiciar as relacións sociais dentro do grupo.

- Relaxarse tras unha actividade cooperativa motora.

Duración: 45 minutos

Materiais: cunco tibetano, pelota, esteira, aros…

Actividades

- Aprendemos a respirar de maneira relaxada. Os nenos seguen os pasos indicados pola titora, postura, respiración, escoitan o cunco tibetano e vanse relaxando aos poucos.

-Emociónote: en roda, os nenos vanlles pasando unha pelota xigante a todos os compañeiros, un por un, á vez que din o nome e unha calidade positiva do compañeiro ao que lle lanzan a pelota. Non se permite lanzar máis dunha vez ao mesmo compañeiro. Todos deben participar.

- Posturas de ioga: saúdo ao sol, guerreiro, can, gato, vaca, ra, serpe, árbore, bebé…

- Conto motor: Los caza-monstruitos con xogos cooperativos motores, enfrontándose aos primeiros retos. A titora é a encargada de contar a historia e os alumnos de executar os xogos e retos cooperativos.

- Masaxes: aprendemos a dar masaxes. En parellas realizan o que lles indicará a titora que lles dirá como hai que ir facendo a masaxe; empezamos pola cabeza, seguimos polo pescozo sen apertar moito para non facer dano, baixamos por detrás e así sucesivamente. Cando acaben de dar a masaxe, preguntarémoslles como se senten.

Criterios de avaliación

- Resolución positiva de xogos cooperativos motores.

- Superación de retos cooperativos.

- Aprendizaxe da respiración e posturas de ioga.

- Coñecemento do propio corpo e do dos compañeiros co exercicio das masaxes.

- Relación cos iguais.

- Nivel de atención durante a sesión.

 

 

Recursos para utilizar nas aulas

 

VÍDEOS DE CONTOS MOTORES PARA EDI

Trátase de varios vídeos con contos motores adaptados ás características do alumnado, dependendo da súa idade, para levalos á práctica na aula de psicomotricidade e/ou ximnasio, facilitando a aprendizaxe cooperativa.

- Viaje a la luna (https://youtu.be/PfdYIzyItFo)

- Elefantito y el bosque encantado (https://youtu.be/xfe4kRHuI0s)

- El paseo de las emociones (https://youtu.be/smB-samU3fE)

- La caza de los indios (https://youtu.be/bx84zlqzH5s)

- Los dinosaurios felices (https://youtu.be/a3JCYNRdJAo)

- La rana Ramona (https://youtu.be/fnG8wN1Mbz8)

- El reloj dormilón (https://youtu.be/dv-ZwPXKJUA)

- Aventuras de la granja (https://youtu.be/wA5t1b0pcic)

- Andar como insectos (https://youtu.be/R9BPbhTZVpQ)

- Los tres cerditos (https://youtu.be/kx2CxqQ0KLw)

- Sin caer (https://youtu.be/rNDewa9c8EA)

- La ranita Martina (https://youtu.be/8vLzoKAp-yw)

- El bosque (https://youtu.be/54AYLjdoWRw)

- La granja (https://youtu.be/QgdSDh9wktk)

- Buscando el tesoro del arco iris (https://youtu.be/wW7NNfksUpI)

- Viaje a la selva (https://youtu.be/_SL7wb6FVOE)

- La lechuza y la mariposa (https://youtu.be/GxqEm6SB96k)

- Seremos gotitas de agua por un día (https://youtu.be/Sf2t3nmd33I)

- El pirata Carapatata (https://youtu.be/1nNDdtIbPuA)

 

LIBROS PARA DOCENTES

1. Aprendizaje Cooperativo. Recetas para aplicarlo de forma diferente (2021)

Libro que explica de forma sinxela e diferente a metodoloxía a aprendizaxe cooperativa. Trátase dun manual con múltiples recursos novos, adaptados a varias idades para guiar o docente. Descargables os seus códigos QR.
Autor: D. Montejano e E. Arranz
Editorial: Creando

2. La magia de la amistad en cuento motor (2021)

Neste libro os nenos son os protagonistas, colaboradores activos da historia narrada, realizando os movementos e xestos que describen.
Consta de varios contos breves nos que se mestura o dinamismo co equilibrio emocional. Con este libro desenvólvense valores como a amizade, aceptación dun mesmo, o progreso persoal, a igualdade neno-nena, o traballo en equipo e recursos contra o acoso escolar.
Autor: Olga Muñoz Ruiz
Editorial: Independently published

3.  98 ejercicios de psicomotricidad para niños de 3 a 6 años (2020)

Este libro ofrece unha serie de 98 actividades destinadas a nenos de 3 a 6 anos. Con estas actividades os docentes de educación infantil contarán cun banco de recursos que lle permitirán traballar a psicomotricidade co seu alumnado.
Os nenos a través da práctica das actividades psicomotrices lograrán progresar no seu desenvolvemento, coñecerán as súas habilidades físicas e adquirirán control corporal, favorecendo así a relación co mundo dos obxectos e das persoas, interiorizando unha imaxe de si mesmos positiva.
Autor e editorial: Equipo Pedagóxico da Asociación Mundial de Educadores Infantís AMEI‐WAECE.

4. Aprendizaje cooperativo en Educación Física (2017)

Neste libro exponse a teoría e a práctica da metodoloxía chamada aprendizaxe cooperativa, en diversas situacións motrices, co alumnado de Educación Física. Trátase dun recurso didáctico de primeira orde, cheo de excelentes exemplos, propostas prácticas e textos.
Autor: Jesús Vicente Ruiz Omeñaca, Gloria Alonso Fernández, María Alonso Fernández, David Bo Ruiz, Iván Bo Ruiz e Carolina Echarri Sáenz
Editorial: CCS

5. El cuento motor en la educación infantil y en la educación física escolar (2013)

Libro que pretende dar a coñecer a importancia do papel do conto motor na escola. O conto motor ten aspectos tradicionais e innovadores; favorece a creación cooperativa, a procura de procesos educativos beneficiosos que permitan darlles cabida ás respostas do alumnado.
Desde a Educación Física enténdese como unha alternativa con grandes posibilidades pedagóxicas, que poden converterse en acontecemento educativo desde a acción cooperativa entre mestres e alumnos.
Autor: Jesús Vicente Ruiz Omeñaca
Editorial: Wanceulen

6. Linsay y el bosque de bambú (2013)

Trátase dun conto motor para xogar, participar, comprenderse e compoñer. Adecuado para educación infantil, primeiro e segundo de primaria. Narra a historia de Laura, unha nena de case 6 anos que desexa escribir, con axuda do seu pai, un conto de osos panda libres e malvados raptores. O pai de Laura, mestre de Educación Física, pensou en utilizar o conto para xogar co seu alumnado. Laura aceptou, deixando claro que ela era autora. Eldha terminou as ilustracións e o seu pai elaborou o caderno didáctico. Entre os tres construíron unha experiencia para compartir. Laura xa ten nove anos. Os tres desexan que o conto fomente a fantasía, o xogo, a convivencia e a felicidade.
Autor: Laura Ruiz Enciso
Editorial: Wanceulen

7. Cuentos motores en Educación Física. Primaria. Érase una vez en... Educación Física (2011)

O obxectivo deste libro é favorecer o desenvolvemento e fomento das habilidades de lectoescritura, a través do uso de contos tradicionais en forma de contos motores. Así, os contos serán os centros de interese, que motivarán os nenos para traballar os contos de forma transversal e como contos motores.
O libro contén varias unidades didácticas que permiten dar unha resposta educativa á animación á lectura, ao desenvolvemento motor e da competencia lingüística. Utilízase os contos motores como recurso didáctico para traballar de forma práctica a contidos da área de Educación Física.
Autores: David del Barrio Girón, Rocío Bustamante Pacheco, Miguel Ángel Calzado Vélez , José Manuel Nievas Megías, Sergio Palomo Gómez, Aurora Prieto Ortiz, Jacinto Juan Quiroga Cantero, Víctor M. Rodríguez Álvarez, Macarena Vega Uclés y Elena Veira Romero.
Editorial: INDE

8. Cuentos para bailar (2010)

Este libro está composto por actividades e contos que favorecen o desenvolvemento da expresión corporal a través da música e do baile. Ademais, estes contos permiten obter moitos beneficios nos nenos, como coñecer e vivenciar o seu corpo, ser consciente das súas capacidades expresivas, favorecer a imaxinación, desinhibición, coordinación, relaxación e fortalecemento. Descobren parte do mundo, identifican as emocións básicas, desenvolven a empatía e gozan coa música.
Autor: María José Escalante Ruiz
Editorial: ‎ Ediciones Aljibe

9. Aprendizaje cooperativo en Educación Física (2010)

Neste libro recóllense os fundamentos e as aplicacións prácticas desta metodoloxía na área de Educación Física. Como a través do traballo en equipo, heteroxéneos en niveis, contribúe á aprendizaxe significativa, ademais de ao desenvolvemento de habilidades sociais e á inclusión.
Autor: Carlos Velázquez Calado
Editorial: INDE

10. Cuentos motores en educación infantil (2009)

É un libro orixinal e práctico, destinado aos mestres de educación infantil, primeiro e segundo de primaria. Achega numerosas ideas para levar á aula. É bastante sinxelo e motivador, o que conduce á posta en práctica cos alumnos na aula de psicomotricidade.
Autor: Cinta Jiménez Ruiz
Editorial: HERGUE

11. Cuentos motores (2 vol.) Educación Física/Pedagoxía/Xogos (2008)

O conto motor é un recurso didáctico de gran valor. O movemento e as súas habilidades son os protagonistas e o xogo é o vehículo que favorece a súa adquisición. Nos contos únense a linguaxe e a expresión corporal, ademais o xogo permite a construción do pensamento.
Con este libro ten como obxectivos que o neno sexa protagonista da súa conduta cognitiva afectiva social e motora; as habilidades perceptivas básicas; as calidades físicas e a capacidade creativa. O exercicio físico cumpre coa prevención e hixiene da saúde. E a educación artística comprenderá música, plástica e expresión corporal.
Para alcanzar os obxectivos, preséntase unha historia, a idade e número de alumnos, o lugar e o material adecuado e os obxectivos xerais de cada historia. Estas inclúen contidos e as actividades para facer durante o conto.
Autor: José Luis Conde Caveda
Editorial: Paidotribo

12. Cuentos para ser jugados (2007)

Este libro é unha guía práctica de psicomotricidade infantil. Podemos distinguir dúas partes: a primeira é teórica e a segunda consta de varios contos motores. Ambas as partes teñen como obxectivo axudar o docente para favorecer no seu alumnado o desenvolvemento da lectura, a escritura e o cálculo xogando. Todo iso fundaméntase en aspectos da estrutura corporal, partes do corpo, a motricidade e a coordinación.
Autor: Juan Antonio Rosado Recero
Editorial: Instituto Calasanz de Ciencias de la Educación


 

Conclusión

Grazas á metodoloxía da aprendizaxe cooperativa lógrase fomentar a interacción social do alumnado a través de dinámicas cooperativas. Ademais, promóvese o traballo en equipo como medio para conseguir obxectivos relativos á práctica motriz.
O conto motor dá a posibilidade de traballar de forma cooperativa, ao mesmo tempo que serve de ferramenta para atender a características dos nenos como a imaxinación, a creatividade e a fantasía.

 

 

 

Bibliografía: 

 

 

Conde, J. L. (2001): Cuentos motores (volume I). Barcelona: Paidotribo.

Johnson, D. W., Johnson, R. T. e Holubec, E. J. (1999): El aprendizaje cooperativo en el aula. Buenos Aires: Paidós.

 

 

Sección: