A alquimia da cor

Experimentación para a elaboración de pigmentos e colorantes naturais
O proxecto A alquimia da cor emerxe da idea de inserir as materias de Bioloxía e Educación Plástica, Visual e Audiovisual nun proceso creativo interdisciplinar. A finalidade deste designio é a de observar, experimentar, investigar, razoar e crear como os antigos científicos e pintores da antigüidade e do medievo. Un proxecto que pon de manifesto a capacidade científica, experimental e creativa do alumnado reflectíndoas nun catálogo de cores de base natural.

Ana Delia Rodríguez Dorrego, profesora de Debuxo
ana.delia.rodriguez@edu.xunta.gal
Pablo Gómez Sande, profesor de Bioloxía
gomezsande@edu.xunta.gal
CPI de Bembibre (Val do Dubra - A Coruña)

 

Introdución

Existen metodoloxías educativas que tenden a clasificar, categorizar e organizar as disciplinas baseadas no coñecemento ou a información. Este proxecto rompe esta tradicional liña de traballo, en prol dun de ensino renovado que promove o interese dos participantes para resolver conflitos de tipo cognitivo, afectivo e procedemental potenciando a súa autonomía e desenvolvemento competencial.

A alquimia da cor é un proxecto interdisciplinar que une dous modos de pensamento, o científico-racional co creativo e emocional, propio das materias de Bioloxía e Educación Plástica, Visual e Audiovisual.

A arte e a ciencia son necesariamente diferentes desde o punto de vista do estudo e da difusión do saber. A ciencia intenta comprender o mundo a partir de feitos demostrables e contrastados, buscando a obxectividade, mentres que a arte expresa o mundo a través da emoción, a intuición e o espírito, buscando o subxectivo e sensorial.

Con todo, estas dúas disciplinas aparentemente antagónicas, poden chegar a estar profundamente conectadas, pois ambos os raciocinios valoran a observación, a recompilación de información a través dos sentidos, a creatividade, os cambios, as innovacións e melloras, utilizan modelos abstractos e crean obras de relevancia universal.

Deste xeito, os estudantes involucrados neste proxecto puxeron a punto a súa intelixencia científica e artística para executar un proxecto que tivo como obxectivo observar, analizar e experimentar con elementos orgánicos para crear un catálogo de cores persoal a partir da elaboración de pigmentos e colorantes de orixe natural.

 

Proxecto

A alquimia da cor é un traballo de investigación destinado a estudantes de primeiro da ESO do CPI de Bembibre en Val do Dubra e realizado nas materias de Bioloxía e EPVA, cuxa duración foi aproximadamente dun mes.

O traballo dividiuse en dúas partes, unha destinada a pigmentos e outra a colorantes. En ambas, o alumnado fixo un percorrido polas distintas fases do proceso de aprendizaxe científico-artística.

 

PIGMENTOS NATURAIS

Fase 1. Procura de pigmentos: Recolección de elementos naturais

Organizamos unha excursión polas proximidades do río Dubra para recoller plantas, follas de árbores ou arbustos, cortizas, froitos, area ou terra e minerais a partir dos cales os estudantes puidesen obter pigmentos.

Excursión nas proximidades do río Dubra

 

Na excursión, ademais de recoller a materia prima, tiñan que identificala e cubrir a seguinte táboa cun modelo adxunto no reverso como exemplo de referencia.

PLANTA

FOLLA ÁRBORE/ARBUSTO

CORTIZA

FROITO

MINERAL/

ROCHA

AREA/

TERRA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Exemplo:

PLANTA/RAÍZ

FOLLA

ÁRBORE/ARBUSTO

CORTIZA

FROITO

MINERAL/

ROCHA

AREA/

TERRA

Herba pastel

Isatistinctoria

Piñeiro/Pino

Pinusspp.

Piñeiro/Pino

Pinusspp.

Noz

Juglansregia

Xabre/

Cuarzo

De río

Celidonia

Chelidoniummajus

Carballo

Querqusrobur

Carballo/Roble

Q. robur

Arandos

Malaquita

De praia

Menta

(Menthasp.)

Eucalipto

Eucaliptusglobulus

Eucalipto

E. globulus

Amoras

Rubusulmifolius

Cinabrio

Camiño

Fento/Helecho

Pteridófitos

Mimosa

Acacia dealbata

Nogueira/

Nogal

Juglansregia

Uvas da moura

Phytolaca americana

Azurita

Bosque

Ortiga

Urticaurens

Urticaminor

Loureiro/Laurel

Laurusnobilis

Castiñeiro/Castaño

Castanea sativa

Sabugueiro

Sambucusnigra

Calcita

 

Hedra/Hiedra

Hederahelix

Sabugueiro/Saúco

Sambucusnigra

 

 

Carbón mineral

 

Musgo*

Briófitos

Bidueiro/Abedul

Betulapendula

 

 

Limonita

 

Trevo/Trébol

Trifoliumspp.

Salgueiro/Saucellorón

Salixbabylonica

 

 

Mineral de ferro

 

Rubia

Rubia tinctorum

Loureiro/Laurel real

Prunuslaurocerasus

 

 

Lapislázuli

 

Indigofera

Indigoferaspp.

 

Ameneiro/Aliso

Alnus glutinosa

 

 

Arxila/

Arcilla

 

Gualdra/Gualda

Reseda luteola

 

 

 

 

 

Kamala

Mallotusphilippensis

 

 

 

 

 

Silva/Zarza

Rubusulmifolius

 

 

 

 

 

Lique/Líquen*

 

 

 

 

 

Pamplina

Stellaria media

 

 

 

 

 

Grelos

Brassica rapa

 

 

 

 

 

*Non son plantas.

 

Fase 2. Procesamento de pigmentos: Secado e moído

Unha vez seleccionado o material co que traballar para a elaboración dos pigmentos, púxose a secar e para iso empregáronse diferentes métodos: secado ao sol, con secador, estufa ou deshidratadora de alimentos, ou poñendo follas en papel de xornal entre as follas de libros.

Cortado, moído e raspado para a elaboración de pigmentos

 

Cando o material co que se vai traballar está seco, procédese a partilo e moelo mediante o uso de tesoiras, reladores e morteiros para deixalo completamente triturado ata convertelo en po.

Ademais de traballar cos pigmentos triturados dos elementos recompilados na excursión, os estudantes traballaron con especias.

 

Fase 3. Envasado e etiquetaxe

Unha vez que temos o pigmento (cor en po) obtido das diferentes plantas, follas, cortizas, area, terra, froitos…, procedemos ao seu envasado e etiquetaxe para saber a orixe de cada cor. Cada pigmento gárdase nun bote de vidro hermético para una conservación axeitada. Cada bote terá a súa correspondente etiqueta.

Envasado e etiquetaxe de pigmentos

 

Fase 4. Aglutinado: Cohesionado de pigmentos

Para poder utilizar os pigmentos e pintar, previamente hai que aglutinalos, é dicir, engadir algunha substancia que una as partículas do pigmento e o manteña fixo ao soporte onde se vai aplicar.

Algúns dos aglutinantes usados foron goma arábiga, aceite de liñaza, mel, cola branca de carpinteiro, cera de abella e xema de ovo.

Aglutinado de pigmentos

 

Fase 5. Disolventes

Un disolvente é unha substancia química (líquido) na que se dilúe un soluto coa finalidade de desfacer as partículas ata que queden incorporadas ao devandito líquido. Para limpar os pinceis, unha vez aplicada a pintura, usamos esencia de trementina, auga (fría e quente) e alcohol.

 

Fase 6. Técnicas artísticas

Para cada técnica pictórica utilizamos unaglutinante e disolvente específico.

 

TÉCNICA

AGLUTINANTE

DISOLVENTE

Óleo

Pigmento + aceite de liñaza

Esencia de trementina

Acuarela

Pigmento + goma arábiga

Auga

Acuarela

Pigmento + mel

Auga

Acrílico

Pigmento + cola branca carpinteiro

Auga

Encáustica

Pigmento + cera abella + esencia trementina

Auga quente

Témpera ao ovo

Pigmento + xema de ovo

Auga

 

Fase 7. Catálogo de cores

Cada alumno ou alumna elaborou un catálogo de cores persoal a partir de elementos naturais que foron analizados e clasificados seguindo o seguinte esquema e facendo uso das diferentes técnicas pictóricas explicadas.

Catálogo de pigmentos naturais

 

COLORANTES NATURAIS

Fase 1. Procura de materiais

O estudantado aborda a cociña das súas casas para obter colorantes a partir de froitas e verduras como tomates, remolacha, lombarda, cenoria, grelos, espinacas, cóengos, arandos, amoras, amorodos, limóns e moitos outrosco fin de elaborar a súa paleta de cores.

 

Fase 2. Partido e licuado

Tritúranse as froitas e verduras para posteriormente mesturalas con alcol ou cocelas.Por último, cóase para obter o líquido colorante.

Elaboración de colorantes naturais

 

Fase 3. Envasado e etiquetaxe

Unha vez que temos o colorante (cor en estado líquido) obtido das diferentes froitas e verduras, procedemos a envasalo e etiquetalo para saber a orixe de cada cor. Cada colorante gárdase nun frasco de vidrocon feche hermético para unha conservación axeitada. Cada bote terá a súa correspondente etiqueta.

 

Fase 4.Tinguidura

Introducimos teas ou pequenas tiras de papel de filtro de café para tinguir con diferentes cores.

Tinguidura en papel de filtro

 

Fase 5. Catálogo de cores

Cada alumno elabora un catálogo de cores persoal a partir dos colorantes obtidos seguindo o seguinte esquema.

Fase 6. Cores derivadas da col lombarda

Analizamos o comportamento ácido-base de certos elementos empregando unha verza lombarda usada como indicador de pH e,  ao mesmo tempo, para realizar unha escala cromática.

A cianidina é un composto orgánico natural da familia das antocianinas que se atopa na col lombarda e que se comporta como un excelente indicador de pH. Denomínanse indicadores de pH aquelas substancias que cambian de cor segundo estean nun medio ácido ou básico.

Experimento indicador pHlombarda

 

Despois de cocer a lombarda, mesturamos o seu caldo con zume de limón, vinagre, amoníaco, xabón, auga, alcol, bicarbonato sódico e lixivia,e isto orixina unha escala cromática que vai desde o vermello ao amarelo pasando por tons verde-azulados segundo sexa ácido ou base.

Unha vez obtidas as cores,tínguense teas e papel de filtro, ademais de analizar os resultados seguindo o seguinte esquema:

Cromatografía de pigmentos fotosintéticos

 

Fase 7. Cromatografía de pigmentos fotosintéticos

Por último, o estudantado obtén cores mediante un experimento máis: a cromatografía en papel, para o que estudan previamente a fotosíntese, proceso que lles permite aos vexetais fixaren a materia inorgánica e a enerxía en forma de materia orgánica, a cal necesitan para desenvolver as súas funcións vitais e que supón a principal formade síntese de materia orgánica da biosfera.

Cromatografías

 

As clorofilas son os pigmentos fotosintéticos máis abundantes e os que lles dan a cor verde aos vexetais e se encargan de absorber a luz necesaria para realizar a fotosíntese, proceso que posibilita a síntese de substancias orgánicas a partir das inorgánicas (CO2, H2O), mediante a transformación da enerxía luminosa en enerxía química. A clorofila absorbe principalmente a luz vermella, violeta e azul, e reflicte a verde. Xeralmente a abundancia de clorofila nas follas e a súa presenza ocasional noutros tecidos vexetais, como os talos, tinguen de verde estas partes das plantas. En ocasións, a presenza de clorofila non é tan patente ao descompoñerse e ocupar o seu lugar outros pigmentos de orixe isoprénica tamén presentes nos cloroplastos, como son os carotenos (cor laranxa) e as xantofilas (cor amarela).

O alumnado, a través da cromatografía, separou por tamaños e obtivo os devanditos pigmentos ao introducir unha tira de papel nunha mestura feita a base de vexetais e alcohol (disolvente). O disolvente é o encargado de arrastrar con distinta velocidade os pigmentos segundo a súa solubilidade, separándoos en bandas paralelas. Deste xeito,puideron identificalos segundo a súa cor.

Metodoloxía

No proxecto abórdanse contidos pertencentes a catro campos de contidos interrelacionados (historia da arte, filosofía, técnica e linguaxe).

 

Historia da arte e técnica

De paso que experimentamos coa cor e os pigmentos, aprendemos técnicas pictóricas artesanais usadas desde a antigüidade e empregadas en obras icónicas da historia da arte. Algunhas das estudadas son as seguintes:

 

Encáustica

A encáustica é unha técnica pictórica que se caracteriza polo uso da cera como aglutinante dos pigmentos. A mestura ten efectos moi cubrintes e é densa e cremosa. A  pintura aplícase cun pincel ou cunha espátula quente. O acabado é un puído que se fai con trapos de liño sobre unha capa de cera quente previamente estendida (que neste caso xa non actúa como aglutinante senón como protección). Esta operación chámase encaustización.

 

Pintura á témpera

A témpera é unha técnica de pintura na que o disolvente do pigmento é a auga e o aglutinante (tamén denominado témpera ou engrosador) algún tipo de graxa animal, glicerina, ovo, caseína, outras materias orgánicas ou goma. Historicamente, a témpera é característica da Idade Media europea. Pode considerarse característico dos estilos románico e gótico no occidente europeo e das iconas bizantinas e ortodoxas en Europa Oriental.

Tipos:

  • Témpera ao ovo
  • Témpera de gomaarábiga (acuarela e gouache)
  • Témpera de cera
  • Témpera de cola

 

Pintura mural ao fresco

Un fresco é unha pintura realizada sobre unha superficie cuberta con dúas capas de morteiro de cal, a primeira (arricio), de maior espesor, con cal apagado, area de río e auga, e a segunda (intonaco), máis fina e formada por po de mármore, cal apagado e auga, sobre a que se van aplicando os pigmentos cando aínda esta última capa está húmida.

 

Pintura mural en seco

Técnica de pintura mural que adoita agrupar todos os procedementos murais que non están realizados ao fresco. Como o seu propio nome indica, as cores aplícanse sobre a parede (con ou sen lucido) xa seca, xeralmente encolada previamente (con cola animal quente) para homoxeneizar a súa porosidade. Os pigmentos fíxanse ao soporte grazas a substancias aglutinantes.

 

Óleo

O óleo, palabra que provén do latín oleum (aceite), é unha técnica de pintura. Consiste en mesturar os pigmentos cunaglutinante a base de aceites, normalmente de orixe vexetal. Por extensión, denomínase óleo a obra pictórica executada mediante esta técnica, que admite soportes de moi variada natureza: metal, madeira, pedra, marfil, aínda que o máis habitual é que sexa aplicado sobre lenzo ou táboa.

O óleo permanece húmido moito tempo, o que favorece a mestura de cores. O seu secado pode comprometerse dependendo dos aditivos que se lle poñan durante o proceso, como o secativo de cobalto, que pode «crackelar» o óleo ao secarse.

 

Filosofía

 

A alquimia non é soamente unha arte que ensina a transmutar uns metais noutros, senón máis ben unha ciencia sólida e verdadeira que ensina a coñecer o centro de todas as cousas.

Pierre-JeanFabre, 1636

 

A filosofía deste traballo foi a da investigación sobre materiais de orixe natural a partir da observación e experimentación para a transmutación da cor como facían os antigos alquimistas.

A alquimia formaba parte das ciencias ocultas, sacras na antigüidade e estaba vencellada á formación nos misterios da natureza. Nestes misterios máxicos, a través de experimentos científicos, o alumnado aprendeu a obter gamas cromáticas cambiantes a través dun «ritual», no que se estableceu unha conexión entre a materia e a cor case «sacra», pois ás cores tamén se lles atribúen propiedades máxicas e espirituais. Como exemplo, a azurita era considerada unha cor sacra polos antigos exipcios, xa que lles axudaba a entrar en comunicación cos deuses.

 

Linguaxe

Durante todo o proxecto empregouse a combinación dunha linguaxe plástica e científica para cada unha das diferentes actividades (pigmentos naturais, colorantes naturais, indicador de pH da col lombarda e cromatografía de pigmentos fotosintéticos, nomes científicos das especies empregadas), co uso dunha linguaxe técnica específica de cada área no ámbito oral, escrito e gráfico-plástico.

 

Procedemento de avaliación

O alumnado foi avaliado durante este proxecto experimental en distintas fases segundo as seguintes rúbricas.

 

Pigmentos naturais

Ítems

   Mellorable   (1 punto)

   Satisfactorio    (3 puntos)

   Excelente   (5 puntos)

Recolle materiais para elaborar os pigmentos na excursión ao monte

 

 

 

Busca materiais na casa para realizar pigmentos (especias, froitos, carbón…)

 

 

 

Moe pigmentos

 

 

 

Envasae etiqueta os pigmentos

 

 

 

Aglutina os pigmentos para a súa aplicación

 

 

 

Relaciona cada aglutinante co seu disolvente

 

 

 

Recoñece as diferentes técnicas artísticas

 

 

 

Grao de experimentación

 

 

 

Debuxa, fotografa e pon mostra dos produtos recollidos

 

 

 

Explica o proceso de elaboración

 

 

 

Segue as fases do proceso creativo/científico

 

 

 

Paleta de cores

 

 

 

Coida a limpeza e presentación

 

 

 

 

Colorantes naturais

Ítems

   Mellorable     (1 punto)

   Satisfactorio  (3 puntos)

   Excelente    (5 puntos)

Busca materiais para elaborar os colorantes

 

 

 

Trituramateriais naturais con alcohol para elaborar os colorantes.

 

 

 

Envasae etiquetaos colorantes

 

 

 

Tingue teas e papel de filtro con colorantes

 

 

 

Grao de experimentación

 

 

 

Debuxa, fotografa e pon mostras dos produtos recollidos

 

 

 

Explica o proceso de elaboración

 

 

 

Segue as fases do proceso creativo/científico

 

 

 

Paleta de cores

 

 

 

Coida a limpeza e presentación

 

 

 

 

Indicador pH col lombarda

Ítems

   Mellorable     (1 punto)

   Satisfactorio   (3 puntos)

   Excelente    (5 puntos)

Procura materiais para elaborar o experimento

 

 

 

Observa as reaccións químicas e relaciónaas co pH de cada elemento e a súa gama cromática

 

 

 

Tingue teas e papel de filtro con colorantes

 

 

 

Grao de experimentación

 

 

 

Segue as fases do proceso creativo/científico

 

 

 

Paleta de cores

 

 

 

Coida a limpeza e presentación

 

 

 

 

Cromatografía

Ítems

  Mellorable    (1 punto)

Satisfactorio  (3 puntos)

   Excelente    (5 puntos)

Busca materiais para elaborar o experimento

 

 

 

Tingue papel de filtro

 

 

 

Identificaos diferentes pigmentos (clorofila A, clorofila B, carotenos, xantofilas)

 

 

 

Segue as fases do proceso creativo/científico

 

 

 

Coida a limpeza e presentación

 

 

 

 

Conclusión

Elaborar este proxecto foi unha experiencia moi gratificante tanto pola motivación e implicación do alumnado participante como pola colaboración dos dous departamentos (Bioloxía e Debuxo). Foi unha actividade diferente, lúdica e experimental na que o estudantadoacadou uns amplos coñecementos sobre as principais plantas, minerais e animais dos que se poden obterpigmentos e colorantes naturais da contorna, así como as diversas técnicas artísticas que empregan a cor e experimentos científicos a través dos cales se poden obter diferentes gamas cromáticas para a elaboración dun receitario de pintura artesanal a semellanza dos procedementos clásicos e medievais.

Con todo o traballo fíxose unha exposición nas dependencias do centro.

Fotos da exposición

 

 

Sección: