Skip to Content

Xa non se poden crear subdirectorios para subir imaxes aos artigos?

Antes da última actualización, no explorador de arquivos de imaxes era posible crear subdirectorios, por exemplo por anos:

Administrar>IMCE settings>Pestaña Sub-folder tool>Create

Agora non vexo a maneira

Módulo IMCE Mkdir

Está instalado o módulo IMCE Mkdir que permite crear subdirectorios na carpeta de cada usuario.

Unha vez activo este módulo, e activados os permisos Add subdirectories/Remove subdirectories nos perfís de permisos na configuración do módulo IMCE, xa aparecerá o botón Directory no explorador de ficheiros IMCE en A miña conta.

IMC Mkdir funciona

Moitas grazas pola resposta, aínda que tardase Sorriso. Eu tamén tardo en dar as grazas porque non hai ningún sistema de notificación de respostas por email.

Xa probei o complemento para crear subdirectorios e funciona, aínda que a cuestión dos permisos está un pouco agochada e funciona regular:

En primeiro lugar funcionou para os usuarios administradores, pero cando fixen o mesmo para un rol chamado "profes de Secundaria" non funcionou. Finalmente, din os permisos a todos os "usuarios autenticados" e xa vai.

Grazas de novo

Ángel Carrera

CPI do Feal



forum | by Dr. Radut