Bos días! Creei un novo menú na web do meu IES, denominada "o ies na prensa" con 2 categorías: "prensa" e "xornais". Cando creo un novo artigo selecciono a categoría "prensa" pero, depois, cando accedo dende a páxina web ao enlace de "prensa" non me leva ao artigo que eu publiquei.
E non sei qué facer, intentei de mil formas diferentes solucionar o problema pero non consigo atopar a solución. Alguén me pode axudar? Gracias
Crear categorías
Revisada a vosa web non vos axustades ao modelo que se propon dende websdinamicas para a creación de categorias.
Aínda que está no contido do apartado 3.2 do curso de administradores de drupal publicado na AULA VIRTUALA DE WEBSDINAMICAS destacamos agora o resumo dos pasos a seguir para a creación dun menú dinámico a partir dunha categoría e os seus termos:
(Ruta: Administrar - Administración do contido - Categorías - Engadir Vocabulario / Engadir Termos)
(Ruta: Administrar - Configuración da Páxina - Taxonomy Menu)
(Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Menús - Engadir menú)
(Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Menús - Lista)
(Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Menús - (nome da categoría creada / opción Desactivar)
(Ruta: Administrar - Construcción da Páxina - Bloques - Desactivados/Rexión (de <ningún> a lateral dereita ou esquerda...)
Como podes arranxar o que fixeches.
1.- Vai a Administrar - Construcción da Páxina - Menús e elimina o elemento de menú Xornais
2.- Crea un vocabulario cos seus termos seguindo os pasos anteriores **recorda que xa tes un menú creado co nome de "o Ies na prensa"
3.- Vai a Administrar - Construcción da Páxina - Menús e une a categoria co menú
4.- fai visible o bloque.
Mais información sobre os permisos e a creación de categorías na AULA VIRTUAL ABERTA no curso Webs Dinámicas - Drupal. Administradores nos centros educativos públicos galegos.
Non se poden ver as categorías
Gracias pila resposta anterior.
A verdade é que no sei qué desastre fixen pero o certo é que de repente deixáronse de ver a maioría dos termos das categoría. Non sei que fixen mal!!
Na Web do IES da Illa de Arousa.