Skip to Content

Un adxunto por artigo

Empregamos a plantilla B7, igual que neste sitio, e agora só podemos subir un adxunto por artigo. Hai algunha solución?

Nos temos o mesmo problema

A miúdo temos que subir varios pdfs á mesma páxina. O que facemos e cada vez que subimos un, prememos o botón vista previa, sae unha mensaxe de erro pero nos funciona.

Apertas :)

Medio solucionado

Respóndome a min mesmo:

En realidade si quedan subidos os adxuntos adicionais; o que pasa e que non quedan listados, quedan ocultos.

Solución: volver a editar o artigo, entrar en Ficheiros adxuntos, e marcar as casillas correspondentes para que queden á vista.

De todas maneiras este comportamento de Drupal non é normal, polo que debe de haber algún erro na configuración xeral do multisite.

Nota: Non só ocorre coa plantilla B7.

Saúdos

Posible solución

Ola.

Outra posible solución é premer sobre o botón de Vista previa cada vez que xuntemos un novo ficheiro. Efectivamente os ficheiros quedarán desmarcados como listados, pero ao premer en Vista previa poderemos correxilos para listados finalmente todos antes de premer sobre o botón de publicar o contido.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut