Skip to Content

error portada web

Hola, feliz ano a todos. Antes das vacacións ocorreu un erro na nosa web. Cando accedemos a web como invitado, aparece unha páxina de inicio distinta a nosa cunha mensaxe "Benvido ó teu novo sitio Drupal". Se entro co meu nome de usuario e contrasinal si aparece a páxina de inicio do noso centro. Non sei se o modifiquei eu sin darme conta ou que pasou. A ver se mo podedes arranxar ou dicirme como facelo. Grazas

Posible problema de permisos...

Ese "fallo" adoita vir provocado por un despiste nos permisos de roles. Probablemente modificástedes algo e, sen querer, o rol de usuarios convidados quedou sen permiso para ler certo tipo de contidos (habitualmente "páxina"). A teoría di que con restablecerlle a este rol o permiso de lectura debería arranxarse. Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda

non atopo o fallo

Hola Juan, mirei os roles de usuario anónimo(supoño que será este o que está mal) e non atopo nada relacionado con Lectura Páxina. Non sei o que modifiquei e non o sei arranxar. A ver se me podes indicar en que apartado está. Grazas

Proba aqui:

En principio, vou partir da base de que o usuario convidado non pode ver só a portada, xa que o resto de contido publicado aparentemente o pode ver calquera persoa que acceda á vosa web (eu mesmo estou vendo agora, por exemplo, as Normas básicas de funcionamento) e a vosa Mensaxe de benvida. Por tanto, quero pensar que o que non se ve é o tipo de contido chamado "sen catalogar" (Uncategorized nodes), que é como soe estar a presentación na portada (sen taxonomías asignadas). Imos tratar de arranxalo: 1.- Accede como admin 2.- Dentro do bloque de administración, pincha en "por módulo". Baixa ata o apartado "Taxonomy Access Control", e dentro del selecciona "Taxonomy Access: Permissions". Eu téñoo colocado como atallo directamente no bloque do usuario administrador, pero non lembro agora se o coloquei eu ou xa ben por defecto. Se ves que sae esto último (Permissions) cando accedas como admin, tamén serve e chegarás moito antes. 3.- Selecciona o rol para os convidados (Anonymous user) e pincha editar. 4.- Agora verás todas as taxonomías definidas para este usuario. Pincha en "Uncategorized nodes". Calculo que é aquí onde tes o problema. Deberías ter marcada só a opción "Ver". 5.- Unha vez activada, grava os cambios no botón de abaixo. 6.- Pecha a sesión de administrador 7.- Comproba que agora xa ves a portada como usuaria convidada ;) Con todo isto, deberías telo listo. Se modificaches algo nesta sección algún día, comproba que o anonymous user teña por defecto permiso (A de "Allow" in english) para ver todas as taxonomías que forman os bloques de toda a páxina (foros, categoría de departamentos, profesorado, etc...). Sorte, e xa me contas! Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda

funciona

Hola Juan, por fin funcioa; moitas grazas

De nada! Alégrome que

De nada! Alégrome que servira ;) Juan Casado, CEIP A Sangriña - A Guarda

Boas

Boas compañeiros, da gusto ver como hai participación no foro. Pouco a pouco a ver si se dinamiza, nós tentaremos pasar un pouco máis por aquí.

Un sáudo e ánimo!

-----------------

Grupo de Asesores SIEGA 



forum | by Dr. Radut