Skip to Content

Actividade só para un grupo

Ola a todos, non atopo a maneira de definir que unha actividade dun determinado curso vaia só para un determinado grupo dese curso. O curso ten definidos 4 grupos e eu quero que unha determinada actividade só a faga o grupo "A" por exemplo. Outra consulta é que cando fago os grupos un alumno pode pertencer a 2 grupos diferentes e segundo o manual eso non debería ser así. Alguén me pode dar algunha pista. Grazas.

Agrupamentos

Nas últimas versións de Drupal é posible asignar unha tarefa só aos grupos que queiras. Esta nova ferramenta ten un nome que pode levar a confusións: "Agrupamentos", non "Grupos". Non sei se na próxima actualización da Consellería subiremos de versión en Drupal. Por certo, alguén pode dar algunha pista sobre as datas da próxima actualización-unificación?

Supoño que queres dicir que

Supoño que queres dicir que ata que non se faga a actualización non é posible asignar unha tarefa a un determinado grupo e non a outro. Grazas e esperarei a esa actualización.

Moodle, non Drupal

Na miña anterior mensaxe, quería dicir Moodle, non Drupal, pero o sistema non me deixa editar o comentario!!!


forum | by Dr. Radut