Skip to Content

cambiar a orde na publicación de contidos

Hola, cando publico un contido novo, sempre se pon enriba, é dicir en 1ª posición, e os máis antigos van quedando debaixo. Intentei cambiar os contidos de posición cos pesos pero non o consigo, debo ter algo desconfigurado nalgunha parte ou algo fago mal. O único que conseguín e enganar a Drupal o cambiar eur as opción de autor e modificar a data, así si consigo movelos de posición, pero a ver si me podedes axudar a facelo sin trampas, que non debe ser moi complicado. Grazas polo voso traballo

Orde dos contidos

Boas compañeiros.

Como páxina dinámica Drupal está preparada para funcionar a modo de blog, cronolóxicamente. O xeito normal para facer estático algún contido dentro dunha categoría é con "Pegañoso ó comezo das listas", si aínda así non soluciona o voso problema teredes que enganalo coas datas, como xa descubrístedes. Instalar un módulo de peso para os contidos sería priorizar unha web estática sobre unha dinámica.

Un sáudo e ánimo.

 

Grupo de Asesores SIEGA

Creo que o vas ter difícil

Non é que sexa un entendido, pero bueno. Cando creas un novo contido o programa asígnalle un número de nodo, de xeito que en cada categoría as diferentes entradas se expoñen desde a máis nova á máis antiga, en función do número de nodo. Un dos xeitos de cambiar eso é facendo que un contido figure como "pegañoso" ao comenzo das listas. E por certo, unha pregunta. Cando falas de cambiar o autor, a que te refires exactamente, a cambiar a categoría´na que se adscribe un contido ou a asignar realmente a autoría a un usuario diferente ao que creou o contido? Se é esto último gustaríame moitíiiisimo saber como se fai. Nada máis, e saúdos a Vilagarcía dun antiguo (que non moi vello) alumno.

autor anónimo

Se queres que non apareza o teu nome en opcións de autor, deixas en branco o nome de autor.


forum | by Dr. Radut