Skip to Content

Enlace entre un submenú é un blogue

Ola a tod@s, son Alfonso do CEIP Espiñeira-Aldán. Teño un problema cos enlaces, quero enlazar directamente un submenú (en concreto os distintos blogues dos ciclos) cos blogues. De momento creei un páxina dentro do submenú é aí a enlazo co blogue pero eu quixera que se fixera directamente (sin imaxe). Para que me entendades mellor, algo parecido ao que tedes vos na vosa páxina co enlace de texto do Mozilla Firefox (que salta directamente). Grazas polo voso traballo e un saúdo.

Elementos de menú

Polo que estiven a ver na vósa páxina refíreste a enlazar blogues externos, neste caso de blogger, non?

Dúas cuestións en relación a isto:

  1. Drupal permite a creación de blogues personais por usuarios sen necesidade de utilizar servizos externos. Outra cousa é que o fagades conscientemente de que existe esta posibilidade e sexa unha decisión vosa.
  2. Para crear enlaces estáticos a sitios externos, ou internos, deberedes utilizar a opción "Engadir elemento de menú": Administrar -> Menú -> Engadir elemento de menú (atópase nunha das pestañas superiores).
    A diferenteica de utilizar "Engadir elemento de menú" (estático) a utilizar "elementos de menú" dinámicos é que nos estáticos tendes que definir vós manualmente a URL.

Espero vos servira de axuda.

NOTA: A aproveito a ocasión para recordavos que na configuración das vosas contas de usuario deste portal podedes configurar as notificacións para decidir si queredes ou non que vos cheguen as actualizacións por correo electrónico.

---------------------------------
Grupo de Asesores SIEGA.

Abrir os enlaces noutra ventá

Ola son Alfonso do CEIP Espieñira-Aldán. Xa fun capaz de enlazar os blogues externos pero ábrense na mesma ventá do navegador. É posible abrir dito enlace noutra ventá do navegador?. Imaxino que a clave está en engadir un código, tipo target="_blank" pero onde? Grazas por todo e un saúdo.


forum | by Dr. Radut