Skip to Content

Actualización 2009

Os que estamos máis enganchados co proxecto das Webs Dinámicas da Consellería de Educación, estamos intrigados coa actualización que se viña facendo todos os veráns. Houbo problemas ou simplemente optouse por madurar as melloras ata o próximo verán? Este foro está conxelado!!

Actualización

Boas compañeiros, ainda que contabamos con rematar a actualización algo antes podemos dicirvos que estamos a traballar para poder ofrecervos o mellor servizo. E aínda que os medios son os que son, nestos días estase a materializar a actualización da que de seguro teredes noticias neste mes de setembro.

Este proceso de actualización é diferente ó común de outros anos, non se trata de actualizar cada unha das tres aplicacións das que disfruta cada centro xa que iso sigficaría actualizar máis de 1800 aplicacións e resultaría prácticamente imposible. Tratase dunha migración a multisite na que manteremos unha única instalación para cada unha das aplicacións con espazos personalizados para cada centro.

Manteranse as funcionalidades ata o de agora ofrecidas e permitiranos a nós melloralas e investigar para ofrecer un mellor servizo, centrándonos máis no uso da tecnoloxía que na resolución de problemas técnicos.

Para o que necesitedes e esteña nas nosas mans,

Asesores SIEGA.

 

NOTA: Recordamos a cada centro que participa no proxecto que ten unha conta á súa disposición para participar nos foros deste portal. En caso non ter os datos de  acceso poden poñerse en contacto con nós, a través da conta de correo electrónico do centro, na dirección: websdinamicas@edu.xunta.es

 



forum | by Dr. Radut