Skip to Content

novo bloque/categoria e menú

Ola, acabo de crear un bloque novo ( Orientación) e nel un menú e unha cetegoria ( Ed Vial). O meu problema e que cando creo a categoria, en elemento pai non me aparece Orientación, tan so , e claro, logo non podo linkar categoria e menú. Como hai tempo que fixen isto de crear os bloques, non me lembro do que estou facendo mal

Novo bloque

Boas, acabamos de comprobar e só vos faltan dous pequenos pasos para logralo.

En Administrar - > Construcción da páxina - > Menús

Hai un elemento de menú denominado "Orientación" do que colga "Ed.Vial" dentro do menú "Navegación" (non o confundades con "Orientación" de "Departamentos" )

Premendo no enlace "editar" de "Orientación" podedes marcar como elemento pai do menú "Orientación" que sería o menú que creáchedes de xeito manual.

Unha vez colgada a categoría-menú co seu termo (ed.vial) do menú "Orientación" xa aparece o bloque na columna da esquerda. Deberedes "desactivar" a categoría "Orientación" para que o termo "Ed.Vial" colgue directamente do menú que lle dá título ó bloque.

Si hai dúbidas aquí estamos.

Saúdos.

NOTA:

  • Modifiquei o pé depáxina polo novo que estamos a incorporar
  • Modifiquei o voso tema de administración xa que recomendamos para todos os centros de Galicia o bluemarine para facilitar a administración colaborativa.


forum | by Dr. Radut