Skip to Content

Arquivos FLV que non se visualizan

Subimos a nosa páxina un arquivo FLV como adxunto, pero non se visualiza na páxina. Só aparece o título dese arquivo. En cambio cando inserimos un arquivo flash .swf dentro do corpo da páxina si que se ve. Non sabemos si é un problema de configuración dos SWFtools?

Resolto

Non teño certeza de como estaba configurado o módulo, pero si que unha vez repasada a configuración agora queda funcionando e xa se poden ver os vídeos FLV subidos como adxuntos.

Puxemos un vídeo de proba que podedes ver na URL:  http://centros.edu.xunta.es/cpiasrevoltas/node/223 (unha vez que o vexades xa o podedes eliminar).

O que fixemos foi repasar, como dixen, a configuración do módulo SWF Tools no apartado de Integration e volver a marcar os formatos Flash video e SWF files para que os interprete como adxuntos. Posteriormente imos á sección de Administrar >Mantemento de usuarios > Control de acceso e sen realizar ningún cambio gardamos os permisos (esta acción convén realizala sempre que se administren configuracións).

Con isto xa quedo restablecida a configuración do módulo e queda funcionando.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut