Skip to Content

Crear unha nova conta

No noso centro non aparece en acceso a opción de crear unha nova conta( O bloque, É a súa primeira visita) Un saúdo e moitas grazas

Todo depende da configuración

Como ben di Pablo, é interesante que o administrador poida levar un control moi estricto sobre quen se matricula. Iso implica un maior traballo, por suposto. Se o que buscas é a posibilidade de que cada alumnos se matricule de forma propia,podes facer o seguinte: Como admin-> Menú de administración -> usuarios -> autenticación-> apartado de configuración común (abaixo) -> rexistrarse un mesmo -> autenticación baseada no correo electrónico (en vez de desactivar). O problema que te atoparás de cara ao alumnado é que se non teñen un enderezo @edu.xunta.es, non recibirán tal correo de confirmación. Para que os novos alumnos teñan acceso con dito rol, tes dúas opcións: a)O administrador se encarga de confirmalos (unha soa persoa en toda a aula virtual). O problema principal é que o administrador non ten por que coñecer a todo o alumnado do centro. b)Podes editar certos permisos globais de forma que os profesores do curso poidan CONFIRMAR ditos alumnos xa matriculados pero que non recibiron o mail. Con un simple clic, estaría todo feito. Pero isto implica tocar certos permisos globais... se non estás afeito a traballar con isto, mellor que non o fagas ata que teñas mellor manexo da parte administrativa. Un saúdo, Juan Casado.

crear unha nova conta

Boas, non sei si te refieres á posibilidade de que sexa o propio usuario o que se poda dar de alta, iso non é posible xa que o administrador debe ter controlados tódolos usuarios que acceden á aplicación.

Eu probei na vosa aula virtual e o administrador pode dar de alta usuarios.

Un saúdo



forum | by Dr. Radut