Skip to Content

Formularios

Boas, no Carballo Calero creamos un formulario para suxestións e queixas e non nos gusta que ao acceder dende o menú saia a introdución pero non o formulario, parece que non queremos poñelo fácil para que se manden queixas. Fixemos un enlace porque o go to form que sae por defecto parecíanos rebuscado, pero aínda así, pódese facer algo para que ao abrir a paxina aparezan a introdución e o formulario? Segunda cuestión ao respecto, a terceira caixa do formulario fixémola xenerosa de caracteres, pero aparece pequena como as outras, parece outra vez que non queremos que se escriba moito, pódese facer por que teña un tamaño consecuente coa súa finalidade? Como por exemplo esta casa do foro na que estou escribindo. Grazas.

Formulario de suxestións

1-O formulario pode aparecer directamente cando prememos no menú. Simplemente creamos un elemento de menú, que nos vai pedir unha URL. Cando creamos o formulario, se nos fixamos ten unha URL. Esa URL é a que lle poñemos ao elemento de menú e xa accederemos ao formulario directamente  cando premamos en dito menú.

A caixa de texto, creo que non podemos aumentala.

2-Unha cousa que si podedes facer é algo semellante ao que temos nós neste portal como "Caixa de correo". En realidade ten os mesmo campos que vos puxéstedes no formulario pero faise co módulo Feedbak.

Creamos un menú de suxestión e dentro del un elemento de menú chamado caixa de correo. Na URL que nos pide o elemento de menú pegamos a URL do feedbak.

Temos que configurar o módulo feedbak para quen queiramos que reciba ditos envíos.

Dudas para crear unha caixa de suxestións

Logo de ler a nova de "formulario de suxestións" non teño claro cómo crear uno na nosa web do centro, agradeceríamos nos den as indicacións oportunas xa que si lle damos a contido novo > webform > aparécenos unha caixa branca coma a de calquera outro contido e non sei qué facer, grazas



forum | by Dr. Radut