Skip to Content

O editor de texto non obedece

Tiñamos a esperanza de que coa actualización do Drupal (xullo de 2007), o editor de texto que aparece cando se crea un contido melloraría. Desgraciadamente o seu comportamento agora aínda é peor. Cambias o tipo de letra ou o tamaño... e cando envías o contido desaparecen os cambios. Utilizamos o tema/plantilla "B7 azul". Hai unha solución a medias: pegar un texto desde Word (o Firefox non o permite), pero nin funciona á primeira nin é de recibo. ¿Hai algunha forma sinxela de cambiar o tipo de letra e tamaños predeterminados para os contidos dun tema/plantilla concreto?

Pegar texto dende word

Esa solución é moi perigosa e ademáis non funciona normalmente.
Word pode crear modificación nos propios estilos dun espazo web. Entón a partir dese momento o procesador de textos web (o de drupal) non responde correctamente xa que a folla de estilos dalgúns recurso copiado dende word suplanta a folla de estilos e entón ocurren cousas raras cos tipos de letra e tamaños.

Esa poidera ser tamén unha resposta a problemas concretos de algúns espazos web.

Máis sobre tamaño e tipos

Detectamos que algúns equipos si teñen problemas no tipo de letra pero outros non.

Agora estou editando con explorer

Non parece ter problemas

Semella máis ser un problema de certos equipos que de Drupal

Tamaño de texto

Tamaño 8

Tamaño 10

Tamaño 12

Tamaño 14

Tamaño 18

Distintos tamaños en tema B7 azul

 

Tamaño texto

Eu tamén teño problemas cos tipos de letras e o tamaño do texto, fago os cambio, e os cambios non se reflicten na páxina. O probei dende distintos equipos e en todos pasa o mesmo.

Aclaracións

Aclararamos que a única letra que podemos poñer nos contidos é Arial - Tamaño 1 (o máis pequeno) se non utilizamos o Word e tanto co Firefox como co Explorer. Tamén aclaramos que comezou a suceder a partir da última actualización de Drupal. Hoxe probamos con outro equipo do centro e pasa o mesmo. Angel

Seguimos igual

Grazas pola rápida resposta. Probei dende tres equipos diferentes e non consigo outra letra que non sexa Verdana -tamaño 1 (o máis pequeno). Quedaría o recurso de Word, pero polo que comentas temos que olvidalo. En fin, se atopades algún truco para resolver o problema avisade. O noso espazo web: centros.edu.xunta.es/cpidofea O noso correo: cpi.feal@edu.xunta.es

Seguimos igual

Moitas grazas pola rápida resposta. Probei dende tres equipos diferentes e non consigo poñer outra letra que non sexa Verdana - tamaño 1 (o máis pequeno). Quedaba o recurso de Word, pero polo que comentas temos que olvidarnos. En fin, se atopades algún truco para resolver o problema avisade. O noso espazo web: centros.edu.xunta.es/cpidofeal O noso correo: cpi.feal@edu.xunta.es


forum | by Dr. Radut