Acceso á carpeta FILES
No instituto de Muxía importamos correctamente a base de datos a un servidor local despois de que nola enviara amablemente o administrador. Todo vai ben agás unha cousa:
Non podemos subir arquivos e observamos que en ADMINISTRAR OPCIONS xa se nos advirte de que non temos acceso á carpeta FILES nin TMP. Nós non cambiamos nada e figura "files" como ruta no sistema de ficheiros e "tmp" no directorio temporal.
Agradecemos luz neste asunto.
- APIs de Blogue
Restaurar en local
Imaxino que xa tedes a vosa instalación local feita. Eu comprobeino e funciona correctamente:
1-Instalamos servidor; eu teño o seguinte
2-Creo a base de datos co nome do centro (iesramoncaamano)
3-Baixo de Drupal a última versión 4.7x, os 13 módulos que engadimos e algúns themes. Coidado co módulo timynce. Creo unha carpeta drupal no servidor, dentro de (WWW) na que meto todo: aplicación drupal+módulos+themes
4-Edito settings na liña 87
$db_url = 'mysql://root:@localhost/iesramoncaamano';
Como vedes non lle teño contrasinal á base de datos e o usuario é root.
5-Lanzo no equipo http://localhost/drupal
Funciona sen problemas de ningún tipo.
Acceso a "files"
Instalación local
Instalacion local muxía